Xornada formativa “Apaixónate 2017”

O próximo 13 de maio desenvolverase a xornada formativa "Apaixónate 2017", no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela, centrada en como a paixón polo que fas ilustra o camiño cara o éxito.

A inscrición está dispoñible a través aplicación en fprofe, buscando a actividade Apaixónate, con referencia G1602040.

Probas de acceso a grao superior. Cualificacións provisionais. Convocatoria 2017

Publicada a listaxe provisional de cualificacións das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior.

Etiquetas: 

Listaxes provisionais de solicitudes de probas libres. Curso 2016-2017

Publicada a listaxe provisional de solicitudes de probas libres para a obtención de títulos LOE por centro elixido en primeira opción.

O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o 5 de maio ata as 13:00 horas do 9 de maio de 2017.
A reclamación deberase realizar no centro onde se presentou a solicitude.

Etiquetas: 

TVG. Convocatoria de probas para dous contratos en prácticas

Convocatoria do proceso de selección para dous contratos en prácticas na categoría laboral reporteiro gráfico en Corporación Radio e Televisión de Galicia, S. A.

Requisitos:
Estar en posesión do ciclo superior de Iluminación, captación e tratamento de imaxe e do carné de conducir B.

Etiquetas: 

Acreditación de UCs do CS de Xestión forestal e do medio natural

Convocatoria específica do proceso de acreditación de competencias para determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais incluídas no CS de Xestión forestal e do medio natural, en desenvolvemento do Acordo de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería do Medio Rural.

Probas de acceso a ciclos de grao superior. Exames e respostas da convocatoria 2017

Publicados os exames e as respostas da convocatoria 2017 de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Etiquetas: 

Carnés profesionais. Listaxe provisional de solicitudes, datas e material. Convocatoria ordinaria 2017

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas da convocatoria ordinaria 2017 de probas de carnés e habilitacións profesionais, así como as datas de celebración das probas e o material de consulta permitido para a realización da segunda parte da proba.

Concurso Eduemprende Idea 2017

Publicada a Orde do 30 de marzo de 2017 pola que se convoca o concurso eduemprende Idea 2017, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Comprende dúas modalidades:

Etiquetas: 

Selección de estadías formativas 2017. Resolución definitiva

Publicada a Resolución definitiva da comisión de selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2017 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial, e das artes plásticas e o deseño.

Acreditación de competencias. Datas e lugares da primeira reunión grupal

Publicadas as listaxes de persoas admitidas e excluídas, con data 29 de marzo de 2017, iníciase a fase de asesoramento para as persoas admitidas, segundo o establecido na Orde do 28 de decembro de 2016 (DOG do 12 de xaneiro de 2017) pola que se convocou o proceso de acreditación de competencias.

Distribuir contido