Carnés profesionais: calendario das probas

Na seguinte ligazón pódese consultar o calendario das probas para cada un dos carnés profesionais da convocatoria do 2011.

A proba de cada carné profesional terá dous chamamentos:

- 1ª parte  ás 9:30 h.

- 2ª parte ás 11:15 h.

As persoas que se examinen só poderán abandonar o lugar do desenvolvemento das probas transcorridos 30 minutos despois do comezo, incluso se remataron a proba antes dese tempo.

-Ver calendario de exames

Día do Emprendedor: Santiago de Compostela

O mércores 25 de outubro, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, desenvolveuse o Día do Emprendedor con actividades específicas no marco do plan de empredemento no sistema educativo “eduemprende”, dirixidas ao profesorado e ao alumnado de 4º de ESO, de bacharelato e de formación profesional.

Entre as actividades destacáronse charlas profesionais e relatorios das experiencias emprendedoras de novos e antigos alumnos e alumnas, e, así mesmo, se conta cun posto, ademais de mesas de asesoramento individualizado.

Etiquetas: 

RTVG: Convocatoria de proba para contrato en prácticas

Convocatoria de proba para dous contratos en prácticas na catergoría laboral operador-montador de vídeo en Televisión de Galicia, S.A.

Requisitos:
Posuír o ciclo superior de Imaxe ou o ciclo superior de Realización de audiovisuais e espectáculos, ou equivalentes. Estes requisitos deberanse posuír na data de finalización de inscrición desta convocatoria.

Período de inscrición:
Remata o día luns 31 de outubro, ás 12:00h.

Toda a información da convocatoria da proba pódese consultar na seguinte ligazón:

Etiquetas: 

Convocatoria do proxecto de mobilidade Academia. Curso 2011-2012

Academia é un proxecto europeo anual de mobilidade, dirixido aos profesionais da orientación profesional encadrado dentro do programa Leonardo da Vinci. Está organizado polo Ministerio de Educación, a través do Centro Nacional de Recursos para a Orientación Profesional (CNROP), en colaboración coas comunidades autónomas.

Na presente edición a Comunidade de Galicia ten asignadas catro prazas, distribuídas nos seguintes países: Francia, Irlanda, Islandia e Romanía.

Xornada de formación para o profesorado. Construíndo equipos emprendedores aos 15 anos.

Aproveitando o marco do Día do emprendedor realizarase, dentro do plan de formación permanente do profesorado, a primeira sesión da actividade “Construíndo equipos emprendedores aos 15 anos” dirixida aos docentes que impartan materias relacionadas co emprendemento ou estean interesados en fomentar actitudes emprendedoras no ámbito educativo.

Esta primeira sesión desenvolverase en horario de 16:15 a 19:15 horas nos días e lugares que se indican:

 

Día do Emprendedor Galicia 2011

Nos vindeiros días terá lugar a sexta edición do Día do emprendedor, que, a diferenza de anos anteriores, se celebrará tamén nas cidades de Lugo e de Ourense, e como vén sendo habitual, en Santiago de Compostela.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no marco do plan de empredemento no sistema educativo “eduemprende”, que ten como obxectivo o fomento do espírito emprendedor, participará con actividades específicas dirixidas ao profesorado e ao alumnado de 4º de ESO, de bacharelato e de formación profesional.

Etiquetas: 

Axudas FCT

Publicada a Orde do 3 de outubro de 2011 pola que se resolve a convocatoria do 3 de maio de 2011 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.
 
  - Ver orde do 3 de outubro de 2011

 - Máis información sobre as axudas de FCT

 
 

Etiquetas: 

World Skills 2011: dous alumnos galegos participan no campionato mundial en Londres

Dous alumnos da FP galega compiten na Olimpíada Mundial da Formación Profesional, ‘World Skills 2011’ en Londres.

Nesta 43 edición do certame, Galicia estará representada por dous alumnos que obtiveron medalla de ouro nos campionatos nacionais Spainskills 2011, e catro profesores, dos que dous actuarán como titores e outros dous como xurado. O Estado español conta con  participación en 32 das 46 skills ou especialidades nas que participan un total de 950 competidores, procedentes de 51 países.

Etiquetas: 

Prevención de riscos na FP

A Consellería de Educación e a empresa Alcoa clausuran o proxecto de prevención de riscos laborais en centros educativos da Coruña

FP a distancia: listaxes da 2ª adxudicación extraordinaria

Nos seguintes documentos pódense consultar as listaxes da 2ª adxudicación extraordinaria para os ciclos formativos de grao medio e superior na modalidade a distancia. Nestas listaxes poderase comprobar as persoas que teñen unha praza adxudicada. O prazo de presentación das matrículas amplíase ata o día 4 de outubro as 13:00 h.

As persoas interesadas poden consultar os datos da súa inscrición na seguinte ligazón.

Xestión admisión ciclos

Etiquetas: 
Distribuir contido