World Skills 2011: dous alumnos galegos participan no campionato mundial en Londres

Dous alumnos da FP galega compiten na Olimpíada Mundial da Formación Profesional, ‘World Skills 2011’ en Londres.

Nesta 43 edición do certame, Galicia estará representada por dous alumnos que obtiveron medalla de ouro nos campionatos nacionais Spainskills 2011, e catro profesores, dos que dous actuarán como titores e outros dous como xurado. O Estado español conta con  participación en 32 das 46 skills ou especialidades nas que participan un total de 950 competidores, procedentes de 51 países.

Sergio Suárez, alumno do ciclo formativo de grao medio de Acabados de construción do CIFP Porta da Auga de Ribadeo, competirá na skill de Solados e alicatados, xunto con mozos de 24 países diferentes.  Pola súa parte, Guillermo González Gómez, alumno do ciclo formativo de grao superior de Restauración do IES Vilamarín (Ourense), concursará na skill de Servizo de restaurante e bar, xunto con mozos de 30 países distintos.

 - Ver a nova

 - Toda a información sobre os World Skill 2011

 - Información sobre os Galicia Skill

 

Etiquetas: