Acreditación de competencias. Listaxes de solicitantes

Publicación das listaxes de solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais na convocatoria do ano 2012.

- Consultar listaxes
  

  

Proxecto "E-IES Marqués de Sargadelos"

O martes 13 de marzo de 2012 presentouse no IES Marqués de Sargadelos de Cervo o proxecto "E-IES Marqués de Sargadelos" en Eco-Innovación realizado polo centro educativo en colaboración coa Fundación Alcoa e a empresa ALCOA de San Cibrao (Lugo).

- Máis información

Etiquetas: 

XII Concurso Xosé Moldes, IES Fragas do Eume. Resultados do concurso

O IES Fraga do Eume de Pontedeume celebrou, o venres 9 de marzo de 2012, unha nova edición do prestixioso concurso de cociña e coctalaría Javier Rodríguez Moldes Rey, que converteuse ao longo destes anos nunha cita obrigada para os centros educativos de hostalaría da Comunidade Autónoma de Galicia.

Etiquetas: 

TVG. Convocatoria de probas para un contrato en prácticas

Convocatoria de probas para un contrato en prácticas na categoría laboral grafista-titulador en Televisión de Galicia S. A.

Requisitos:
Posuír ciclo medio ou superior das familias Imaxe e son, Artes gráficas ou Informática e comunicación, de Formación Profesional. 

Etiquetas: 

Carnés e habilitacións profesionais, convocatoria ordinaria 2012. Listaxe provisional de persoas inscritas

Acceso ás listaxes de admitidos e excluídos da convocatoria ordinaria.

Listaxe provisional

Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 15 de marzo de 2012

XII Edición - FranquiAtlántico (franquías e negocios)

Como en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participará na XII edición de FranquiAtlántico para informar sobre o Plan de Empredemento no Sistema Educativo de Galicia “Eduemprende”.

Neste evento terá un especial protagonismo a área do Emprendedor, que mantén a filosofía de ofrecer un espazo aberto onde articular toda a rede emprendedora. Cómpre destacar que estaremos presentes para informarvos, no noso pavillón, de todas as novidades que se están desenvolvendo en materia de emprendemento.

Etiquetas: 

A empresa Toyota dona un vehículo ao CIFP Politécnico de Santiago. Galería de imaxes

Entre as accións previstas no convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Toyota España, sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional se contempla a implementación do proxecto T-TEP no CIFP Politécnico de Santiago. Polo que a empresa porá a disposición do centro materiais didácticos específicos da marca TOYOTA  que non se comercializan, co obxecto de conseguir mediante e seu estudo un profundo coñecemento da tecnoloxía básica destes equipos.

Etiquetas: 

Probas de acceso de grao superior. Resolución de exencións. Listaxe provisoria.

Resolución de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Listaxe provisoria.

Ver documento

Etiquetas: 

Probas de acceso de grao medio. Preguntas frecuentes

Probas de acceso de grao medio. Recompilación das preguntas máis salientables.

Ver documento

Etiquetas: 

Probas de acceso. Composición do tribunal

Resolución do 10 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se nomea e se fai pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional, para o ano 2012.  

Etiquetas: 
Distribuir contido