Congreso TMV 2017

O Congreso Nacional de Transporte e Mantemento de Vehículos (TMV 2017) celebrará a súa primeira edición os días 12 e 13 de maio de 2017 en Valencia.

Etiquetas: 

Proxectos de formación da convocatoria 2016-2017. Resolución definitiva

Publicada a Resolución definitiva da comisión de selección de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional.

Feira Abanca Cimag-GandAgro 2017

Esta feira de carácter profesional pode ser de interese para todo o alumnado e profesorado de FP vinculado cos seguintes sectores:

Etiquetas: 

Acreditación de competencias. Convocatoria 2017

Publicada a Orde do 28 de decembro de 2016 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior. Orde e calendario das probas 2017

Convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior para o ano 2017.

Pode consultar a Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2017 na seguinte ligazón:

- Orde do 22 de decembro de 2016

Etiquetas: 

Premios a proxectos de innovación na FP. Convocatoria 2017

Convócanse premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de xaneiro de 2017.

Etiquetas: 

Cualificacións provisionais de carnés e habilitacións profesionais. Convocatoria extraordinaria 2016

Publicadas as listaxes provisionais de cualificacións da convocatoria extraordinaria de carnés e habilitacións profesionais.

Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 29 de decembro de 2016.

Probas de acceso a ciclos formativos. Convocatoria 2017

Publicado o borrador da Orde pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2017. 

Ten máis información sobre as probas de acceso e detallada por grao en:

Etiquetas: 

Proxectos de formación da convocatoria 2016-2017. Resolución provisional

Resolución provisional da comisión de selección de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional para o curso 2016-2017.

Resolución dos programas Lanzadeiras LUGO e Lanzadeiras CORUÑA

Publícase a listaxe definitiva dos centros seleccionados para a súa participación nos programas Lanzadeiras LUGO e Lanzadeiras CORUÑA durante o curso 2016/2017. Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Alcoa.

 

Etiquetas: 
Distribuir contido