Relación de centros seleccionados para os programas eduemprende coa Fundación Galicia Obra Social 22-23

Publicada a Resolución do 17 de febreiro do 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para a participación nos programas Grand Prix Financeiro, Implantación de ferramentas de medios de pagamento na FP, La loca aventura del ahorro, Preparados para o salto e Seguramente, convocados na Resolución do 20 de decembro do 2022.

Etiquetas: 

Carnés e habilitacións profesionais. Próxima publicación da Orde de convocatoria 2023

Xúntase o texto da Orde do 16 de febreiro de 2023 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2023, que será publicada no Diario Oficial de Galicia o 24 de febreiro.

Prazo de presentación de solicitudes:

Relación de centros seleccionados para participar no programa eduemprende Finanzas para mortais 2022-2023

Publicada a Resolución do 10 de febreiro do 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para a participación no programa Finanzas para mortais, convocado na Resolución do 20 de decembro do 2022.

Etiquetas: 

Relación de centros seleccionados para participar no programa eduemprende Actúa 2022-2023

Publicada a Resolución do 10 de febreiro do 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para a participación no programa Actúa, convocado na Resolución do 15 de decembro do 2022.

Etiquetas: 

Probas de acceso a grao superior. Listaxes provisionais de inscricións e exencións. Convocatoria 2023

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Período de reclamación: do 13 ao 17 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos, no centro de inscrición.

Etiquetas: 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Composición do tribunal. Convocatoria 2023

Publicada a Resolución do 26 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se nomea e se fai pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional, para o ano 2023.

Máis información:

Etiquetas: 

Axudas FCT

Publicada a Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual, convocadas pola Orde do 7 de xuño de 2022.

Etiquetas: 

Convocatoria programa eduemprende EduTecEmprende 2022-2023

Publicada a Resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca a selección de centros que participarán no programa EduTecEmprende durante o curso 2022/2023.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá entre os días 27 de xaneiro e o 16 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Etiquetas: 

Premios a proxectos de innovación na FP. Convocatoria 2023

Convócanse premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 27 de febreiro de 2023.

Etiquetas: 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Comezo do período de inscrición. Convocatoria 2023

Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao superior, do 23 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2023, ambos incluídos.

Pode consultar a Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:

Etiquetas: 
Distribuir contido