Cualificacións provisionais de carnés e habilitacións profesionais. Convocatoria extraordinaria 2016

Publicadas as listaxes provisionais de cualificacións da convocatoria extraordinaria de carnés e habilitacións profesionais.

Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 29 de decembro de 2016.

Probas de acceso a ciclos formativos. Convocatoria 2017

Publicado o borrador da Orde pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2017. 

Ten máis información sobre as probas de acceso e detallada por grao en:

Etiquetas: 

Proxectos de formación da convocatoria 2016-2017. Resolución provisional

Resolución provisional da comisión de selección de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional para o curso 2016-2017.

Resolución dos programas Lanzadeiras LUGO e Lanzadeiras CORUÑA

Publícase a listaxe definitiva dos centros seleccionados para a súa participación nos programas Lanzadeiras LUGO e Lanzadeiras CORUÑA durante o curso 2016/2017. Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Alcoa.

 

Etiquetas: 

Programa de formación Aprender a Emprender

O programa de formación Aprender a Emprender está dirixido ao profesorado de centros de educación secundaria obrigatoria e formación profesional no que se ofrece as chaves para o adestramento da competencia emprendedora na aula, acompañando o deseño e a implantación dos proxectos nos propios centros educativos.

As novas datas de celebración do curso son os días 12, 13 e 23 de xaneiro de 2017 de 9.30h a 14.30h e de 15.30h a 18.30h na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela

Etiquetas: 

Medalla de bronce para a FP galega nos campionatos europeos EuroSkills2016

A FP galega vén de amosar de novo a súa excelencia a nivel internacional, desta vez nas olimpíadas europeas de Formación Profesional ‘EuroSkills2016’ celebradas en Gotemburgo (Suecia), nas que Gabriel Vilar, alumno do CIFP Compostela, acadou a medalla de bronce na competición de Servizos de Restaurante e Bar. Cómpre salientar que neste certame só se acadaron dous premios para España, o do alumno galego e o de outros dous estudantes, nese caso na categoría de Mecatrónica.

Etiquetas: 

Gañadores GaliciaSkills2016

Logo de dous días de intensas probas, xa temos os gañadores de cada un dos 17 Skills que estiveron a competir no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda durante os días 30 de novembro e 1 de decembro.

 

Gañadores GaliciaSkills2016

 

Etiquetas: 

Comezo das competións GaliciaSkills2016

O conselleiro de Cultura e Educación inagurou a cuarta edición do campionato galego de Formación Profesional, GaliciaSkills2016, que se leva a cabo no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca (Silleda).

No GaliciaSkills2016 están a competir 100 alumnos de 40 centros de FP de Galicia, en 17 competicións, na que salirán os representantes de Galicia para o torneo nacional SpainSkills2017.

Pódese seguir en directo a competión no seguinte enlace.

Etiquetas: 

Acreditación de competencias. Listaxes de solicitantes. Convocatoria CRTVG

Publicación das listaxes de solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria realizada ao abeiro da Resolución do 21 de outubro de 2016 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral,  para determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, en desenvolvemento do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria e a C

Presentación GaliciaSkills2016

O conselleiro de Cultura e Educación presentou a cuarta edición do campionato galego de Formación Profesional, GaliciaSkills2016, que se levará a cabo no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca (Silleda) os próximos 30 de novembro e 1 e 2 de decembro.

Estes campionatos de Formación Profesional poñen en valor o traballo dos centros, do profesorado e do alumnado de FP, unha modalidade que aposta pola especialización, o emprendemento e a innovación para favorecer a inserción laboral da mocidade.

Etiquetas: 
Distribuir contido