Edugal 2022. Salón da oferta de educación e formación de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades participa en Edugal 2022, a 11ª edición do Salón da oferta de educación e formación de Galicia, que se celebra no Recinto Feiral de Pontevedra durante os días 26, 27 e 28 de outubro de 2022.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Axudas FCT

Publicada a Orde do 13 de outubro de 2022 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou formación profesional dual, convocadas pola Orde do 7 de xuño de 2022.

Etiquetas: 

Xornada de xestión e promoción das mobilidades Erasmus+

Hoxe, 14 de outubro de 2022, celébrase no CIFP Compostela a xornada de xestión e promoción das mobilidades Erasmus+ nos consorcios de FP de Galicia. Nesta xornada participarán varios coordinadores de programas europeos de centros de formación profesional de Galicia, compartindo as súas experiencias na xestión dos mesmos.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Xornada de FP Básica. Curso 2022-2023

O próximo 4 de outubro celebrarase a Xornada de FP Básica na Escola Galega de Admisitración Pública, en Santiago de Compostela, na que máis de 200 persoas implicadas na atención educativa do alumnado dos ciclos formativos de grao básico compartirán un espazo común para a reflexión, a construción de coñecemento e a difusión sobre estas ensinanzas.

Etiquetas: 

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes do programa Retorna Mocidade FP 2022-2023

Publicada a Orde do 29 de setembro de 2022 pola que se acorda a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado na Orde do 4 de agosto de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o programa Retorna mocidade para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional no curso académico 2022/23 en centros educativos de Galicia (código de procedemento ED333B).

Etiquetas: 

Relación de centros que conformarán a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP 2022-2023

Publicada no DOG a Resolución do 20 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a relación de centros que conformarán a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2022/23, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Etiquetas: 

Participación da FP galega en Termatalia 2022

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades participa cun stand de información sobre a FP na 20ª edición de Termatalia, feira internacional de turismo termal, saúde e benestar, que se celebra os días 29 e 30 de setembro en Ourense.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Carnés profesionais. Listaxe definitiva de solicitudes, datas e material permitido. Segunda convocatoria 2022

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas da segunda convocatoria de probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2022, así como as datas de celebración das probas, o material de consulta permitido para a realización da segunda parte da proba e a listaxe de persoas convocadas para a celebración da segunda parte da proba da especialidade de guindastre móbil autopropulsado, categorías A e B.

Admisión FP. Ciclos formativos e cursos de especialización con prazas dispoñibles

Aberto o prazo de matrícula en ensinanzas de formación profesional con prazas dispoñibles ata as 13:00 horas do venres 23 de setembro de 2022.

Etiquetas: 
Tema: 

Admisión FP. Ciclos formativos de grao básico con prazas dispoñibles

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos de grao básico de formación profesional con prazas vacantes desde desde o mércores 7 de setembro ata as 13:00 horas do venres 23 de setembro de 2022.

Etiquetas: 
Tema: 
Distribuir contido