Participación da FP galega en Termatalia 2022

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades participa cun stand de información sobre a FP na 20ª edición de Termatalia, feira internacional de turismo termal, saúde e benestar, que se celebra os días 29 e 30 de setembro en Ourense.

Esta feira busca fomentar o intercambio de experiencias entre distintos continentes, desde o punto de vista empresarial, institucional e social, para obter unha perspectiva global do sector, coa finalidade de impulsar o mercado estratéxico do turismo termal e do benestar.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Termatalia 2022
  • Termatalia 2022
Etiquetas: 
Multimedia: