Día do Emprendedor Galicia 2011

Nos vindeiros días terá lugar a sexta edición do Día do emprendedor, que, a diferenza de anos anteriores, se celebrará tamén nas cidades de Lugo e de Ourense, e como vén sendo habitual, en Santiago de Compostela.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no marco do plan de empredemento no sistema educativo “eduemprende”, que ten como obxectivo o fomento do espírito emprendedor, participará con actividades específicas dirixidas ao profesorado e ao alumnado de 4º de ESO, de bacharelato e de formación profesional.

Etiquetas: 

Axudas FCT

Publicada a Orde do 3 de outubro de 2011 pola que se resolve a convocatoria do 3 de maio de 2011 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.
 
  - Ver orde do 3 de outubro de 2011

 - Máis información sobre as axudas de FCT

 
 

Etiquetas: 

World Skills 2011: dous alumnos galegos participan no campionato mundial en Londres

Dous alumnos da FP galega compiten na Olimpíada Mundial da Formación Profesional, ‘World Skills 2011’ en Londres.

Nesta 43 edición do certame, Galicia estará representada por dous alumnos que obtiveron medalla de ouro nos campionatos nacionais Spainskills 2011, e catro profesores, dos que dous actuarán como titores e outros dous como xurado. O Estado español conta con  participación en 32 das 46 skills ou especialidades nas que participan un total de 950 competidores, procedentes de 51 países.

Etiquetas: 

Prevención de riscos na FP

A Consellería de Educación e a empresa Alcoa clausuran o proxecto de prevención de riscos laborais en centros educativos da Coruña

FP a distancia: listaxes da 2ª adxudicación extraordinaria

Nos seguintes documentos pódense consultar as listaxes da 2ª adxudicación extraordinaria para os ciclos formativos de grao medio e superior na modalidade a distancia. Nestas listaxes poderase comprobar as persoas que teñen unha praza adxudicada. O prazo de presentación das matrículas amplíase ata o día 4 de outubro as 13:00 h.

As persoas interesadas poden consultar os datos da súa inscrición na seguinte ligazón.

Xestión admisión ciclos

Etiquetas: 

Listaxes de espera

 O proceso de adxudicación centralizada está finalizado. A partir do 3 de outubro procédese á adxudicación das prazas residuais por chamamento telefónico desde os centros. Seguirase rigurosamente a orde establecida nas listaxes de espera da 2ª adxudicación extraordinaria.

Admisión grao superior: listaxes da 2ª adxudicación extraordinaria

No seguinte documento adxunto pódese consultar a listaxe da 2ª adxudicación extraordinaria para os ciclos formativos de grao superior. Nesta listaxe poderase comprobar as persoas que teñen unha praza adxudicada nun ciclo formativo de grao superior.

Admisión grao medio: listaxes da 2ª adxudicación extraordinaria

No seguinte documento adxunto pódese consultar a listaxe da 2ª adxudicación extraordinaria para os ciclos formativos de grao medio. Nesta listaxe poderase comprobar as persoas que teñen unha praza adxudicada nun ciclo formativo de grao medio.

Carnés profesionais: listaxe provisional

Publicación da listaxe de persoas admitidas e excluídas para as probas de obtención de determinados carnés profesionais no ano 2011.

- Ver listaxe provisional

Validacións para os técnicos superiores de FP que accedan a estudos universitarios. 2011-2012

Na seguinte ligazón pódese acceder ao catálogo de validacións para os técnicos superiores de Formación Profesional que accedan a estudos universitarios. Este catálogo está vixente desde o curso 2011-2012 e mentres non se modifique.

- Ver máis

Distribuir contido