Selección de estadías formativas 2023. Resolución provisional

Publicada a Resolución provisional da comisión de selección e avaliación de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2023 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.

Premios a proxectos de innovación na FP. Relación de proxectos presentados. Convocatoria 2023

Publicada a listaxe de proxectos de innovación presentados á convocatoria da Resolución do 23 de xaneiro de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convocan premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Etiquetas: 

Carnés profesionais. Listaxe provisional de solicitudes. Primeira convocatoria 2023

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas da primeira convocatoria 2023 de probas de carnés e habilitacións profesionais, así como unha actualización da nota informativa.

Xornada do programa eduInspira 2023 no CIFP Someso

Celébrase hoxe no CIFP Someso unha das xornadas do programa eduInspira 2023, enmarcado no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduEmprende.

A xornada conta coa presencia do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do presidente da Cámara de Comercio de A Coruña e do presidente da consultora tecnolóxica Altia.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2022-2023

Publicado o calendario, a oferta clasificada por provincia e concello, e a actualización da información das Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2022-2023.

Etiquetas: 

Visita ao Centro Galego de Innovación da FP no marco de FPInnova 2023

A directora xeral de Formación Profesional de Galicia, María Eugenia Pérez Fernández, acompañada da directora xeral de FP de Andalucía, de representantes da administración educativa de Navarra e de Castela-A Mancha e de directores de centros de FP de varias comunidades autónomas visitaron o CGIFP en Ourense e comprobaron de primeira man as novas tecnoloxias do centro e os proxectos innovadores que se están a desenvolver nel.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Obradoiros no Congreso de Innovación na Formación Profesional FP Innova Galicia 2023

As persoas asistentes ao Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova Galicia 2023, terán a posibilidade de experimentar a formación profesional desde un punto de vista práctico a través de obradoiros repartidos en 6 aulas:

Etiquetas: 

Libro do Congreso de Innovación na Formación Profesional FP Innova Galicia 2023

Xa está dispoñible o libro do Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova Galicia 2023, no que se pode consultar toda a información sobre este evento.

As persoas asistentes á xornada formativa do mércores 22 de marzo recibirán un exemplar impreso.

Etiquetas: 

Convocatoria estadías formativas en empresas para o ano 2023 para funcionariado docente non universitario

Publicada a convocatoria de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2023 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.

Na seguinte ligazón pode consultar as persoas destinatarias, duración, documentación, lugar de presentación de solicitudes e máis información de interese.

Probas de acceso a grao medio. Listaxes provisionais de inscrición e exencións. Convocatoria 2023

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Período de reclamación: do 20 ao 24 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos, no centro de inscrición.

Etiquetas: 
Distribuir contido