Premios a proxectos de innovación na FP. Relación de proxectos presentados. Convocatoria 2023

Publicada a listaxe de proxectos de innovación presentados á convocatoria da Resolución do 23 de xaneiro de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convocan premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Na seguinte ligazón atopará a relación de proxectos presentados, agrupados por centro educativo coordinador, así como a documentación requirida se é o caso.

O prazo de presentación da documentación requirida será do 11 ao 20 de abril de 2023, ambos os dous incluídos.

Etiquetas: