Convocatoria programa eduemprende Mentoring FP 2022-2023

Publicada a Resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca a selección de centros que participarán no programa Mentoring FP durante o curso 2022/2023.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá entre os días 2 e 16 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.

Etiquetas: 

Plan Conecta FP Galicia. Encontro Territorial en Santiago de Compostela

Celébrase hoxe no CIFP Compostela un novo encontro territorial do Plan Conecta FP Galicia, no que participan representantes do tecido produtivo e dos centros educativos con oferta de formación profesional da zona.

Trataranse as posibilidades de colaboración entre a FP e as empresas da contorna, as necesidades do sector produtivo e a importancia da acreditación de competencias e da formación dos traballadores para o futuro do mercado laboral.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Comezo do período de inscrición. Convocatoria 2023

Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio estará do 27 de febreiro ao 10 de marzo de 2023, ambos incluídos.

Pode consultar a Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:

Etiquetas: 

Carnés e habilitacións profesionais. Orde de convocatoria 2023

Publicada a Orde do 16 de febreiro de 2023 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2023 (código de procedemento ED527A).

Prazo de presentación de solicitudes:

Relación de centros seleccionados para participar no programa eduemprende EduTecEmprende 2022-2023

Publicada a Resolución do 21 de febreiro do 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para a participación no programa EduTecEmprende, convocado na Resolución do 25 de xaneiro do 2023.

Etiquetas: 

Relación de centros seleccionados para participar no programa eduemprende Atrévete 2022-2023

Publicada a Resolución do 17 de febreiro do 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para a participación no programa Atrévete, convocado na Resolución do 19 de xaneiro do 2023.

Etiquetas: 

Relación de centros seleccionados para os programas eduemprende coa Fundación Galicia Obra Social 22-23

Publicada a Resolución do 17 de febreiro do 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para a participación nos programas Grand Prix Financeiro, Implantación de ferramentas de medios de pagamento na FP, La loca aventura del ahorro, Preparados para o salto e Seguramente, convocados na Resolución do 20 de decembro do 2022.

Etiquetas: 

Carnés e habilitacións profesionais. Próxima publicación da Orde de convocatoria 2023

Xúntase o texto da Orde do 16 de febreiro de 2023 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2023, que será publicada no Diario Oficial de Galicia o 24 de febreiro.

Prazo de presentación de solicitudes:

Relación de centros seleccionados para participar no programa eduemprende Finanzas para mortais 2022-2023

Publicada a Resolución do 10 de febreiro do 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para a participación no programa Finanzas para mortais, convocado na Resolución do 20 de decembro do 2022.

Etiquetas: 

Relación de centros seleccionados para participar no programa eduemprende Actúa 2022-2023

Publicada a Resolución do 10 de febreiro do 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para a participación no programa Actúa, convocado na Resolución do 15 de decembro do 2022.

Etiquetas: 
Distribuir contido