Convocatoria de axudas económicas para o alumnado que realiza a FCT

Publicada a Orde do 3 de maio de 2017 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

As solicitudes xunto co resto dos anexos requiridos serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.

Etiquetas: 

Premios a proxectos de innovación na FP. Relación de proxectos premiados

Publicada a resolución do 9 de maio de 2017 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria onde se impartan ensinanzas de Formación Profesional, convocados na resolución do 22 de decembro de 2016.

Etiquetas: 

Probas de acceso a grao medio. Listaxe definitiva de solicitudes e exencións. Convocatoria 2017

Publicada a listaxe definitiva de solicitudes e exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2017.

- Máis información sobre a convocatoria

Etiquetas: 

Probas de acceso a grao medio. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2017

Publicadas instrucións e a asignación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2017.

Etiquetas: 

Probas libres. Listaxes de persoas adxudicadas. Curso 2016/2017

Publicada a listaxe de persoas adxudicadas nas probas libres para a obtención de títulos LOE por centro elixido en primeira opción.

Etiquetas: 

Probas libres. Listaxes definitivas de solicitudes. Curso 2016/2017

Publicada a listaxe definitiva de solicitudes de probas libres para a obtención de títulos LOE por centro elixido en primeira opción.

Etiquetas: 

FPInnova2017 comeza hoxe con 40 proxectos innovadores

O II congreso FPInnova Galicia comeza hoxe coa exhibición de 40 proxectos innovadores, nos que participaron 23 centros educativos e 30 empresas. A feira reunirá, ao longo de tres días e nun único recinto –o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia– a un total de 250 alumnos, que darán a coñecer, a través de actividades demostrativas, os 32 proxectos que desenvolveron na aula, así como as 8 miniempresas creadas ao abeiro do programa Eduemprende.

Etiquetas: 

Xornada formativa “Apaixónate 2017”

O próximo 13 de maio desenvolverase a xornada formativa "Apaixónate 2017", no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela, centrada en como a paixón polo que fas ilustra o camiño cara o éxito.

A inscrición está dispoñible a través aplicación en fprofe, buscando a actividade Apaixónate, con referencia G1602040.

Probas de acceso a grao superior. Cualificacións provisionais. Convocatoria 2017

Publicada a listaxe provisional de cualificacións das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior.

Etiquetas: 

Listaxes provisionais de solicitudes de probas libres. Curso 2016-2017

Publicada a listaxe provisional de solicitudes de probas libres para a obtención de títulos LOE por centro elixido en primeira opción.

O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o 5 de maio ata as 13:00 horas do 9 de maio de 2017.
A reclamación deberase realizar no centro onde se presentou a solicitude.

Etiquetas: 
Distribuir contido