Iacobus-FP: intercambios Galicia-Norte de Portugal para profesorado. Amplíación do prazo

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal (GNP-AECT), como entidade xestora do Programa IACOBUS-FP, convoca o programa IACOBUS-FP destinado a desenvolver un sistema de intercambio transfronteirizo de profesores, entre Centros Públicos de Formación Profesional da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal coa finalidade de favorecer o achegamento das competencias profesionais entre as dúas rexións para facilitar a equiparación de titulacións de Formación Profesional.

Convocados os premios extraordinarios de FP de GS correspondentes ao curso 2012/13

Convócanse, por proposta da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2012/13 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia e que os rematou no ano 2013.

Etiquetas: 

Materiais didácticos en galego para a Formación Profesional

Publicación dun recurso multimedia para a familia profesional de Transporte e mantemento de vehículos, en concreto, para traballar a prevención de riscos laborais nun taller de automoción.

O recurso consta de dúas partes:

Etiquetas: 

Escola Cooperativa Móbil

A Escola Cooperativa Móbil é un aula itinerante que forma parte da campaña de divulgación de cooperativas promovida pola Consellería de Traballo e Benestar, que ten como obxectivo dar a coñecer as vantaxes do modelo cooperativo para sacar adiante os novos proxectos empresariais aos estudantes de Formación Profesional, aos de Ensino Secundario Obrigatorio e de Bacharelato, e as persoas que estean a realizar un curso de formación ocupacional.

Etiquetas: 

Certificación de calidade aos Centros Integrados de Formación Profesional

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu ao acto de recoñecemento da certificación de calidade na norma UNE-EN-ISO 9001:2008 aos 17 centros da Rede de Centros Integrados de Formación Profesional.

Durante o encontro, realizado no centro CIFP A Farixa de Ourense, o conselleiro destacou o labor que están a realizar os Centros Integrados de FP.

- Máis información.

Etiquetas: 

FP a distancia: listaxes da 2ª adxudicación ordinaria

Nos seguintes documentos pódense consultar a listaxe da 2ª adxudicación ordinaria para os ciclos formativos de grao medio e superior na modalidade a distancia. Nestas listaxes poderanse comprobar as persoas que teñen unha praza adxudicada.

O prazo para a matriculación finalizará o día 5 de agosto as 13:00 h.

Etiquetas: 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Cualificacións definitivas. Convocatoria 2024.

Publicada a listaxe definitiva de cualificacións das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

A partir do 24 de xuño poderanse solicitar os certificados da proba de acceso en calquera dos centros de inscrición (centros docentes públicos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que impartan ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2023-2024).

Etiquetas: 

Proposta relación módulos do 1º curso da oferta ordinaria no curso 24-25 (Lei 3/2022)

Proposta de relación de módulos do 1º curso das ensinanzas da oferta ordinaria no curso 2024-2025 derivada da aplicación da Lei 3/2022.

Etiquetas: 

Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas no Programa Retorna Talento FP 2024/2025

Publicada a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas no Programa Retorna Talento FP 2024/2025.

O prazo para emendar documentación  estará aberto do día 20 ao 26 de xuño, ambos os dous incluídos.

Etiquetas: 
Distribuir contido