Xornada de formación. Acreditación, itinerarios formativos e profesionais
O mércores 30 de marzo realizouse no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública de Santiago de Compostela unha xornada formativa destinada as orientadoras e aos orientadores dos Institutos de Educación Secundaria e dos Centro Integrados de Formación Profesional.
Tratarase con especial importancia os programas de mobilidade Erasmus e Leonardo para alumnado, o proceso de recoñecemento, a avaliación e a acreditación da competencia profesional da poboación traballadora que se está a poñer en marcha na nosa comunidade autónoma, ou os novos itinerarios formativos e profesionais que se producen coa recente modificación da LOE e da Lei das cualificacións.
Documentación do curso
Para obter as presentacións e material de apoio empregados prema nas seguintes ligazóns: