Convocatoria proxecto de Formación Profesional Dual
Publicada en DOG a Orde do 10 de xaneiro de 2013 pola que se autoriza un proxecto experimental de formación profesional dual do ciclo formativo de grao superior de sistemas de telecomunicacións e informáticos no CIFP Politécnico de Santiago, en colaboración coa empresa Coremain SLU.
- O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 21 de xaneiro ata as 13.00 horas do día 25 de xaneiro de 2013.
- As instancias deberán presentarse na secretaría do Centro Integrado de Formación Profesional Politécnico de Santiago.
- Os requisitos das persoas solicitantes para acceder a este proxecto de formación profesional dual serán os seguintes:
- Cumprir os requisitos de acceso ao réxime para as persoas adultas establecidos no artigo 43 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos.
- Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
- Ter entre dezaseis e trinta anos, e carecer da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou ocupación obxecto do contrato de formación e aprendizaxe.
- Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo de grao superior de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos.
- Con carácter xeral, non estar nin ter estado matriculado/a en ningunha ensinanza do sistema educativo no presente curso académico. De xeito excepcional, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar a matrícula no proxecto experimental de formación profesional dual ás persoas aspirantes matriculadas en ciclos formativos de formación profesional polo réxime de persoas adultas.
Acceda a Orde do 10 de xaneiro de 2013
Información e impresos do proceso de admisión
- Documento de información
- Impreso de solicitude de admisión
- Modelo de currículo Europass. Poderase cubrir e imprimir no enderezo: http://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae
- Impreso de matrícula
- Listaxe provisional de solicitudes de FP Dual
- Listaxe definitiva de solicitudes de FP Dual
As persoas admitidas nesta listaxe definitiva de solicitudes de Formación Profesional Dual deberán presentarse na sede de Coremain SLU no Parque Empresarial Costa Vella, rúa de Amio 128 en Santiago de Compostela o día 04/02/2013 ás 10:00h, para a realización da segunda fase de selección. - Listaxe de persoas admitidas e listaxe de persoas en espera de FP Dual
As persoas admitidas na FP Dual do CIFP Politécnico de Santiago deberán acudir ao centro para matricularse os días 14 ou 15 de febreiro, en horario de oficina. De non formalizar a matrícula nestas datas, esas prazas serán ocupadas polas persoas en espera.
As persoas solicitantes que non figuran na listaxe de persoas admitidas ou na listaxe de persoas en espera están en situación de non seleccionadas.