SELE51

 

SELE51 - Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación

Curso de especialización
Familia: Electricidade e electrónica
Sistema educativo: LOE
Horas: 720
Código: SELE51
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Definir e pór en práctica estratexias de seguridade nas organizacións e nas infraestruturas industriais, mediante a realización de diagnósticos de ciberseguridade e a identificación de vulnerabilidades, así como a execución das medidas necesarias para as arranxar, aplicando a normativa e os estándares do sector, consonte protocolos de calidade, de prevención de riscos laborais e de respecto ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
Organizacións de diversos sectores, nas que cumpra establecer e garantir a seguridade dos procesos industriais que desenvolven.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Experto/a en ciberseguridade, auditor/a de ciberseguridade, consultor/a de ciberseguridade e analista de ciberseguridade, todas elas en contornas da operación.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP5030 Análise forense en ciberseguridade industrial 180
MP5027 Ciberseguridade en proxectos industriais 100
MP5029 Redes de comunicacións industriais seguras 140
MP5031 Seguridade integral 180
MP5028 Sistemas de control industrial seguros 120




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).