D3ELE000100
D3ELE000100 - LOOIFP | Sistemas electrotécnicos e automatizados
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en desenvolver proxectos e en xestionar e supervisar a montaxe e o mantemento de instalacións electrotécnicas no ámbito do regulamento electrotécnico para baixa tensión (REBT). Tamén consiste en supervisar o mantemento de instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións, a partir da documentación técnica, especificacións, normativa e procedementos establecidos, asegurando o funcionamento, a calidade, a seguridade, e a conservación ambiental.
En que ámbitos se traballa?
Este profesional exerce a súa actividade en empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos, á xestión e á supervisión da montaxe e do mantemento de instalacións eléctricas no ámbito de edificios e con fins especiais, á instalación de sistemas domóticos e inmóticos, a infraestruturas de telecomunicación en edificios, a redes eléctricas de baixa e a sistemas automatizados, tanto por conta propia como por conta allea.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en proxectos electrotécnicos; proxectista electrotécnico/a; proxectista de instalacións de electrificación en baixa tensión para vivendas e edificios; proxectista de instalacións de electrificación en baixa tensión para locais especiais; proxectista de instalacións de iluminación exterior; proxectista de liñas eléctricas de distribución de enerxía eléctrica en media tensión e centros de transformación; proxectista en instalacións de antenas e de telefonía para vivendas e edificios; coordinador/ora técnico/a de instalacións electrotécnicas de baixa tensión para os edificios; técnico/a de supervisión, verificación e control de equipamentos e instalacións electrotécnicas e automatizadas; técnico/a supervisor/ora de instalacións de iluminación exterior; capataz de obras en instalacións electrotécnicas; xefe/a de equipo de instalación de baixa tensión para edificios; coordinador técnico de redes eléctricas de baixa tensión e iluminación exterior; técnico/a en supervisión, verificación e control de equipamentos en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación exterior; capataz de obras en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación exterior; encargado/a de obras en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación exterior; xefe/a de equipo de instalación en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación exterior; xestor/ora do mantemento de instalacións eléctricas de distribución e iluminación exterior.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP0179 | Inglés profesional (GS) | 53 | 2 | |
| 1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
| 1º | MP0517 | Procesos en instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións | |||
| 1º | MP0520 | Sistemas e circuítos eléctricos | |||
| 1º | MP1708 | Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
| 1º | MP0521 | Técnicas e procesos en instalacións domóticas e automáticas | |||
| 1º | MP0518 | Técnicas e procesos en instalacións eléctricas | |||
| 2º | MO0004 | Afondamento nas competencias profesionais (GS) | 30 | 1 | |
| 2º | MP0523 | Configuración de instalacións domóticas e automáticas | 191 | 7 | |
| 2º | MP0524 | Configuración de instalacións eléctricas | 191 | 7 | |
| 2º | MP0522 | Desenvolvemento de redes eléctricas e centros de transformación | 191 | 7 | |
| 2º | MP1665 | Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GS) | 30 | 1 | |
| 2º | MP0519 | Documentación técnica en instalacións eléctricas | 138 | 5 | |
| 2º | MO0002 | Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GS) | 60 | 2 | |
| 2º | MP1710 | Itinerario persoal para a empregabilidade II | 50 | 2 | |
| 2º | MP0526 | Proxecto intermodular de sistemas electrotécnicos e automatizados | 50 | ||
| 2º | MP0602 | Xestión da montaxe e do mantemento de instalacións eléctricas | 109 | 4 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Betanzos | 15001148 | IES As Mariñas | 881880254 |
| Coruña, A | 15005269 | IES Urbano Lugrís | 881960715 |
| Culleredo | 15005749 | CIFP Universidade Laboral | 881960820 |
| Santiago de Compostela | 15015767 | CIFP Politécnico de Santiago | 881867601 |
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Lugo | 27006516 | CIFP Politécnico de Lugo | 982220328 |
| Viveiro | 27013636 | IES María Sarmiento | 982870916 |
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Ourense | 32009116 | IES 12 de Outubro | 988788211 |
| Pobra de Trives, A | 32015876 | IES Xermán Ancochea Quevedo | 988330302 |
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Pontevedra | 36006730 | IES Frei Martín Sarmiento | 986852654 |
| Vigo | 36011634 | IES Politécnico de Vigo | 986213025 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Carballo | 15002591 | IES Monte Neme | 881960050 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).