Segundo Foro de Formación e Empresa
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estivo presente no Segundo Foro da Formación e Empresa que se realizou no Fórum Carballo os días 24 e 25 de abril en Carballo.
Trátouse dunha iniciativa que reúne contidos de formación e emprego e onde se ofreceu unha visión integral das oportunidades laborais e formativas na actualidade.
No stand de Formación Profesional atopouse información en relación a:
- Oferta educativa dos ciclos formativos de FP
- Acceso á Formación Profesional
- Itinerarios formativos e profesionais
- Saídas académicas e profesionais
- Acreditación de competencias, a posibilidade de acreditar oficialmente a túa cualificación profesional se tes experiencia profesional
- Emprendemento
- Formación Profesional Dual
Pode acceder e/ou consultar o tríptico informativo na seguinte ligazón:
- Tríptico
- Máis información: na web do concello de Carballo
Información do Fórum Carballo: contacto, horarios, localización...
Etiquetas:
Multimedia: