Convocatoria 2016
Introdución
Calendario das probas de acceso para a convocatoria 2016
Na seguinte ligazón poderase consultar o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional.
- Calendario das probas de acceso
Composición dos tribunais
Resolución do 29 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se nomea e se fai pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2016.
Solicitude de inscrición telemática
Na seguinte ligazón pódese acceder á aplicación informática na que se dispón dun asistente para cubrir a solicitude de inscrición a ciclos formativos de grao medio. O sistema xera unha instancia para imprimir que terá que ser entregada nun centro de inscrición, acompañada da documentación que se indica na propia instancia. O centro procederá a validación dunha copia e entregará outra para a persoa solicitante a efectos de resgardo. En tanto que non se efectúe este trámite non quedará feita a matrícula.
- Ligazón á aplicación informática
Relación de documentos de interese
Nas seguintes ligazóns atópase a documentación de interese para os aspirantes:
- Modelo de solicitude de inscrición. (acceso ao documento en formato pdf)
- Solicitude de corrección do documento de identificación
Listaxes da convocatoria 2016
Na seguinte ligazón poderá consultar as listaxes provisionais e definitivas de admisión, exencións, cualificacións, sedes e lugares de realizacióndas probas de acceso para a convocatoria 2016.
As listaxes iránse actualizando segundo as datas establecidas na Orde pola que se convocan de modo ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2016.
Acceso ás listaxes de solicitudes de inscrición.
Período de reclamación: do día 4 ao 9 de maio, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición
Acceso ás listaxes de exención.
Período de reclamación: do día 4 ao 9 de maio, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición
Acceso ás listaxes de cualificación.
Poderanse presentar reclamacións contra a cualificación provisoria desde o día 8 ao 10 de xuño, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.
A partir do día 27 de xuño poderanse solicitar os certificados da proba de acceso en calquera centro público con oferta de formación profesional.
Acceso aos lugares e sedes de realización das probas.
Acceso aos exames e respostas da convocatoria