Skip to Content

DIXIT

DIXIT

O Proxecto DIXIT ten como obxectivo principal aproveitar as capacidades técnicas e innovadoras dos sectores tecnolóxico e audiovisual e os coñecementos pedagóxicos do profesorado galego, tendo en conta as súas necesidades, para incrementar a oferta de recursos dixitais dispoñibles para a comunidade educativa galega.

DIXIT

 

DIXIT

Cuisenaire e DIXIT

Cuisenaire e DIXIT

 

Os tamén chamados Números de cores son un legado dun mestre belga de Primaria chamado  Georges  Cuisenaire. As  Regletas de  Cuisenaire son un recurso revolucionario para a aprendizaxe da aritmética. Fixeron a súa aparición ao finalizar a Segunda Guerra Mundial, e foi en 1951 cando se publicou un método que tivo éxito a nivel mundial.

 

 

Teño que confesar que nunca oín falar das  regletas na miña vida escolar, e esta entrada é a miña modesta contribución para tentar que as cousas cambien e que o alumnado en xeral, e o das escolas de Infantil e Primaria en particular, aprendan usándoas.

Tamén quero honrar a este distinguido mestre de Primaria que nun momento tan difícil da historia adicou o seu esforzo e traballo a brindarnos este estupendo recurso didáctico.

As  Regletas de  Cuisenaire son unha serie de  paralelepípedos de cores que representan cada un un número:

 

Inicialmente, ao alumnado adóitaselle convidar a manipulalas libremente para que se familiaricen con elas, logo pode clasificalas en función de tamaños ou cores, e é así como van relacionando as  regletas coa cor que representan. Mediante o xogo poden unir, sumar, ou separar, restar, crear igualdades e  equivalencias, e así empezan a asociar e  disociar parellas para sumar e restar de forma natural manipulando as  regletas.

As  regletas de  Cuisenaire tamén se usan para o ensino de idiomas, e o uso das  regletas, tanto nas matemáticas como nos idiomas, foi popularizado polo profesor exipcio  Galeb  Gattegno.

Non me enrolo máis, afortunadamente, na Internet hoxe teñen de todo, imaxes e vídeos que convidan a calquera a usalas nas aulas, pero é nesta entrada onde lles reservo esas pílulas que  xuntan o saber e o facer cotián para que non haxa escusa algunha:

 SUMAR

 

RESTAR

 

MULTIPLICAR

 

 

DIVIDIR

 

 

SUMA DE FRACCIÓNS

 

 

RESTA DE FRACCIÓNS

 

 

CADRADO DUN NÚMERO

RAÍZ CADRADA DUN NÚMERO

RAÍZ CÚBICA DUN NÚMERO

ECUACIÓN 1

ECUACIÓN 2

ECUACIÓN 3

ECUACIÓN 4

PROBLEMA 1

 

PROBLEMA 2

PROBLEMA 3

m.c.m.

 

 

MCD

DIXIT

O obxectio do Proxecto DIXIT é aproveitar as capacidades técnicas e innovadoras dos sectores tecnolóxico e audiovisual e os coñecementos pedagóxicos do profesorado galego, tendo en conta as súas necesidades, para aumentar a oferta de recursos dixitais ao dispor da comunidade educativa galega.

Nesta iniciativa están a desenvolverse contidos en varios campos: Matemáticas, Ciencias Naturais, Xeografía e Historia, Física e Química e Idiomas.

No campo das Matemáticas podemos encontrar os simuladores de regletas de Cuisenaire.

Comezaremos, por exemplo, familiarizándonos coas regletas:

Premendo en Visualizar abrirase a aplicación, dándonos un vídeo de presentación, a posibilidade de experimentar con eles libremente ou realizar determinados exercicios. Así procederemos con todos os recursos de tiras dixitais.

Non esquezas, se usas complementos como Ghostery ou uBlock Origin, por exemplo, activa o sitio de confianza ou pásaos temporalmente, xa que nalgúns ordenadores esta aplicación non adoita funcionar ben con eles activados.

Por exemplo, na modalidade de xogo libre imos a resolver o siguiente problema:

Nacho e Martín comen na cafetería da escola, pero Nacho faino cada 3 días e Martín cada 5. Cando volverán a encontrarse?

(Típico problema de m.c.m.)

 

Coincidirán cada 15 días, xa que son en 15 cando coinciden as  regletas de 5 que representan a Martín coas de 3 que representan a Nacho.

Coa axuda e os vídeos explicativos non terán problema algún con facerse con esta estupenda aplicación.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut