Esquema de temas
Tema 1
Moodle 1.8: Acceso e interfaces.
Neste módulo veremos a forma de acceso á aula virtual do noso centro a través dos interfaces principais de Moodle. Ademais teremos ocasión de aprender a personalizar o noso perfil de usuario así como aqueles pequenos pasos que nos permitirán crear un novo curso para comezar a traballar.
Determinadas funcións que veremos neste apartado dependerán da configuración que o administrador teña feita da aula virtual. Nas aulas virtuais dos centros educativos públicos galegos respectáronse as configuracións que por defecto trae a propia aplicación Moodle para favorecer o acceso a documentación que hai na rede.
Estas configuracións por defecto pódense modificar e permitir que o propio rol "profesor" poida crear cursos en categorías específicas.
Unha das últimas revolucións tecnolóxicas é a denominada "web 2.0" que se caracteriza por permitir que usuarios sen coñecementos técnicos poidan publicar información en internet de xeito sinxelo e rápido. Isto é posible grazas ás aplicacións dinámicas que xeran campos de texto onde o usuario introduce a información. Estes campos poden personalizarse a través dunhas barras de botóns denomindadas "editores HTML" que permiten realizar diferentes funcións.
Estas botoneiras son comúns entre moitas aplicacións. Moodle utiliza a denominada "TinyMCE" que se explica a continuación e que aparece en múltiples lugares da propia aula virtual:
Tema 2
Moodle 1.8: Administración dun curso
Unha vez creamos o curso é preciso configurar as opcións xerais do curso. Esta pantalla, que nos permite por exemplo modificar o número de temas ou os permisos de acceso ao curso, sempre estará accesible dende o bloque de administración do curso.Tema 3
Moodle 1.8: Recursos e módulos transmisivos
Neste apartado trataranse os recursos e actividades que Moodle proporciona para ofrecer información ao estudante.
Normalmente será o docente o que exerza a función de transmisor da información e o estudante seguirá sendo suxeito pasivo.
Dentro destes contidos podemos atopar documentos de texto, máis ou menos estruturados, presentacións multimedia, páxinas web ou calquera outro documento que sirva para ofrecer información. Na ensinanza tradicional sería equivalente aos libros de texto ou apuntes de clase, por exemplo.
A maior parte dos recursos transmisivos atópanse na lista despregable Engadir un recurso.... Nembargantes, hai outras actividades que se ubicaron no grupo de recursos e módulos interactivos ou colaborativos que poderían perfectamente estar aquí. É o uso que se lles da a estas actividades o que as fará estar nunha ou outra categoría. Por exemplo, a actvidade Glosario, será transmisiva se a fai o docente e o estudante simplemente a consulta. Será máis ou menos interactiva si o estudiante pode editar as entradas. Ou será colaborativa si a actividade se desenrola entre todos avaliándose mutuamente.
Tema 4
Moodle 1.8: Creación de actividades comunicativas.
Neste módulo centrarémonos nas posibilidades que Moodle ofrece á hora de facilitar a comunicación entre os diferentes axentes educativos: alumnos, profesores, pais, etc.Veremos: chat, retroalimentación e enquisa.
Tema 5
Moodle 1.8: Creación de actividades interactivas
Nos seguintes módulos veremos como crear diferentes tipos de recursos interactivos nos cales, a diferencia dos anteriores, os alumnos xa teñen que realizar algunha acción, como pode ser respostar a unhas preguntas, entregar unha tarefa proposta, etc...
Así, Moodle ofrécenos posibilidades a través dos módulos: Cuestionarios, Lección, SCORM, Escolla, Flash Video, Jclic e Publicar Ardora ou Lim.
Tema 6
MOODLE: Creación de actividades colaborativas
Ademais da posibilidade que Moodle ofrece á hora de facilitar a comunicación entre usuarios ou a interacción cos obxectos dixitais (ODEs), tamén é posible xerar entornas de traballo colaborativo coa finalidade de obter produtos finais, como poden ser documentos, sínteses, informes, proxectos, etc...
Veremos neste apartado: foros, wiki, taller, base de datos, glosario e diario.