Proxecto Webs dinámicas

Dende o Proxecto Webs Dinámicas ofértase a tódolos centros educativos públicos que o solicitan un conxunto de aplicacións web que lles permitirá construír os seus portais educativos e aulas virtuais dun xeito sinxelo e rápido.

Actualmente ofrécense tres aplicacións:

  • Drupal como portal colaborativo de centro, que viría a substituír á clásica páxina web. A súa principal vantaxe é o seu dinamismo á hora de publicar contido xa que non son precisos coñecementos técnicos para compartir información co resto da comunidade educativa.
  • Moodle como aula virtual: Estándar de facto, permite a xeración e restauración de propostas curriculares completas, onde integrar obxectos dixitais.
  • Coppermine como galería de imaxes e vídeos.

Proxecto Webs DinámicasOs centros adscritos ao proxecto terán a máis da instalación o asesoramento "in situ" para a posta en marcha inicial do proxecto por parte dos asesores Siega/Abalar da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Dispoñen tamén dun portal de referencia, http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas, no que a comunidade de centros conta con foros, talleres ou mensaxeira para solucionar calquera cuestión relacionada co tema.

É tamén a propia Xunta de Galicia quen quen se encarga do mantemento e actualizacións das aplicacións ás novas versións.

Nos centros educativos deberá existir un grupo de profesores que farán as funcións de administradores dos espazos no centro. Estas persoas serán as encargadas de, por exemplo, dar de alta aos novos usuarios que desexen empregar as ferramentas e, tamén, dar de baixa das mesmas aos que xa non formen parte do centro.

Neste curso veremos as posibilidades que permiten estas ferramentas para os usuarios autenticados, que sempre dependerán dos permisos que lle outorguen os administradores dos seus respectivos centros.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06