Skip to Content

Día das letras Galegas 2018

A escritora María Víctoria Moreno Márquez será a protagonista do Día das Letras Galegas de 2018, segundo acordou a Real Academia Galega (RAG) nun pleno ordinario que celebrouse na Coruña. A autora resultou elixida en segunda ronda de votacións por diante dos outros catro candidatos: Ricardo Carballo Calero, Plácido Castro, Antón Fraguas e Eusebio Lorenzo Moreno. Pese a nacer en Extremadura e chegar a Galicia cando xa tiña 22 anos, María Victoria Moreno comprometéuse desde o inicio co fomento da lingua e cultura galega. "Non coñezo a niguén tan comprometida coa causa da lingua galega", sinalou esta mañá Xesús Alonso Montero, un dos promotores desta candidatura que alabou tanto o talento coma escritora de Moreno coma a súa faceta de docente. "Desde 1961 fai apostolado para ensinar a lingua, as veces, en clases que eran semiclandestinas", sinalou o expresidente da RAG.



page | by Dr. Radut