Skip to Content

bloque-estilos

Perfil
Agricultores
Estudantes
Emprendedores
Profesorado
Todo
Empregos
Formación
Tecnoloxías

Robot para facer enxertos

O rendemento das plantas hortícolas en condicións edafoclimáticas concretas pode ser mellorado substituíndo, a través de enxertado, os seus sistemas radiculares polos de outras plantas que están mellor adaptadas. O enxertos tamén confire características ás plantas do sistema radicular implantado como resistencia a pragas e enfermidades ou tolerancia á seca. Non obstante, esta operación demanda moita man de obra e tempo no caso de plantas hortícolas, facendo que non sexa rendible. 

Robotgraft permite automatizar esta tarefa. O robot está equipado cuns brazos que se deslizan sobre bandexas de plantado onde o patrón e o portaenxerto están sementados en ringleiras alternativas. Os brazos teñen abrazadeiras que agarran os talos das plantas. Logo, un segundo conxunto de brazos deslízase sobre os anteriores e agarran os talos para que pase unha coitela entre os dous conxuntos de brazos e corte os talos. O segundo conxunto de brazos desprázase aliñando os talos dos patróns e os portaenxertos e fíxaos cunha pinza. Finalmente, os brazos liberan os talos das plantas enxertadas e retiran a parte aérea do portanenxerto que foi separada previamente das raíces. 

A compañía que desenvolveu Robotgraft estivo mellorando o seu rendemento. Espérase que o robot sexa capaz de enxertar 5000 plantas á hora. Isto reduce significativamente o tempo e las necesidades de man de obra facendo esta operación máis económica en plantas hortícolas

Análise Económico

Desenvolvedor

Nome: VIRENTES LTD
Descrición:
Spin-off que desenvolve robots para uso agrícola.
Country: Israel
Enderezo de correo-e:
17 TCHELET STREET 2017400 MISGAV, Israel

Farm

Nome: No farm available for this technology

Actualizacións

Reduce o tempo de traballo e o custe, facendo máis rendible o enxertado de plantas hortícolas. A través do enxertado, pódese face que as plantas hortícolas sexan máis resistentes e estean mellor adaptadas ás condicións edafoclimáticas, reducindo as necesidades de auga, nutrintes e pesticidas.

Precisamos a túa opinión...

Envíanos a tua:

Tecnoloxía Novo Emprego Formación
     


by Dr. Radut