Skip to Content

bloque-estilos

Perfil
Agricultores
Estudantes
Emprendedores
Profesorado
Todo
Empregos
Formación
Tecnoloxías

Drons para espantar paxaros

Os paxaros causan perdas importantes en cultivos e piscifactorías. Tamén poden transportar outras pragas e enfermidades nos seus corpos. A maioría de métodos para espantalos non ten en conta os factores que causan medo nos paxaros. Isto fai que sexan ineficaces unha vez que as aves se afán a eles. 

A compañía Kowat estuda o medo dos paxaros ante os seus depredadores (incluso predadores que están extintos pero que os paxaros seguen temendo institivamente) e constrúen drons que imitan o seu aspecto e comportamento, para que podan espantalos eficientemente. Os aparatos tamén dispoñen de altofalantes que reproducen o son dos depredadores e un piloto automático. Os últimos modelos de drons da compañía incorporan sensores que lles permiten esquivar obstáculos e perseguir obxectivos en modo de voo automático. Estas melloras optimizan o control de voo e permiten programar diferentes patróns de voo que reproducen o comportamento dos depredadores máis fielmente. 

Unha vez analizadas as especies de paxaros que atacan os cultivos ou as piscifactorías, a compañía selecciona un tipo de dron e define unha área de engalaxe e aterraxe. Despois prográmanse as horas nas que o dron debería voar dependendo do comportamento dos paxaros e prográmanse os patróns de voo. O dron engalará e aterrará automaticamente ás horas programadas. A efectividade do dron á hora de espantar os paxaros, compróbase periodicamente para facer axustes na temporización e o patrón de voo. Só é preciso dispoñer dun técnico especializado para poñer a traballar e facer controis periódicos do seu funcionamento. Unha vez feitos os axustes iniciais, a tecnoloxía opera automaticamente e non é preciso contar con man de obra especializada. Non obstante, as explotacións que contratan os servizos de kowat teñen que ter un traballador con licenza para operar drons de menos de 2 kg.

Os drons que imitan a depredadores dos paxaros evitan o uso de redes e outros métodos que poden danalos. Ao espantar os paxaros máis eficientemente tamén se evita a aparición de pragas e enfermidades transportadas por estes animais, reducindo o uso de pesticidas. Comprobouse que os drons teñen unha eficacia do 90%.

Análise Económico

Desenvolvedor

Nome: Kowat biomehanika
Descrición:
Compañía que ofrece servizos para espantar paxaros en cultivos a través de drons que imitan o aspecto e comportamento de depredadores de aves.
Country: Spain
Web site: kowat.es
Contacto: Francisco Morente Sánchez, Jesús Morente Sánchez
Correo-e: Send Mail
Phone number: 0034 646 47 83 24

Farm

Nome: No farm available for this technology

Actualizacións

Evitan utilizar métodos como redes que danan os paxaros e reducen a biodiversidade, reduce o dano dos paxaros nos cultivos, reduce a incidencia de pregas e enfermidades transportadas polso paxaros.

Precisamos a túa opinión...

Envíanos a tua:

Tecnoloxía Novo Emprego Formación
     


by Dr. Radut