Convocatoria dun curso de mariñeiro/a pescador/a na modalidade de teleformación

Publicado o 22 de febrero de 2018

A Resolución do 20 de febreiro de 2019 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro convoca un curso de mariñeiro/a pescador/a na modalidade de teleformación no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

Datas do curso: do 07.05.2019 ao 21.06.2019.

Duración: 50 horas.

Número de prazas: 60.

 

PREMATRÍCULA. As persoas interesadas deberán realizar a prematrícula dende as 8 horas do 22.02.2019 ata as 15 horas do 22.03.2019 no seguinte enlace. Para facer a prematrícula deberá rexistrarse con carácter previo. Prema AQUÍ.

 

 

Establecerase unha relación de admitidos/as en función da hora e do día da prematrícula, así como unha lista de reserva por rigoroso orde a partir da última persoa admitida no curso. A lista de reserva poderá utilizarse en caso de producirse algunha baixa na inscrición.

Se ten problemas para rexistrarse prema na imaxe.

 

    [Manual do/a usuario/a]

 

MATRÍCULA. Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas no curso no portal web de formación da Consellería do Mar, éstas disporán dun prazo de 10 días naturais a partir do día seguinte da publicación para formalizar a matrícula.

As persoas admitidas achegarán a seguinte documentación:

- Modelo de solicitude PE607C. Descargue a solicitude AQUÍ.

- Copia do DNI/NIE polas dúas caras.

- Certificado de formación mínima de estudos ou, de ser o caso, declaración responsable de ter coñecementos básicos de lecto-escritura segundo o cadro que figura na solicitude.

- Declaración responsable de posuír aptitude física para realizar unha proba de natación previa á realización do exame de coñecementos teórico-prácticos segundo o cadro que figura na solicitude.

- Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame (18,53 euros).

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

A solicitude tamén poderá presentarse en soporte papel:

- na secretaría do Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico, ou

- por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común (neste caso deberán anticipar a documentación escaneada ao seguinte correo electrónico inst.pesqueiro.atlantico@edu.xunta.es, a folla de solicitude deberá ir co selo de rexistro).

 

TAXAS

Pode obter o Modelo AI. Autoliquidación de Taxas premendo na imaxe.

INSTRUCCIÓNS

1. Prema en Cidadáns, Pago de taxas e prezos, Iniciar taxa, Acceso libre ó servizo (Candado aberto) e Iniciar taxa.

2. Na pantalla "Datos da taxa" deberá cubrir o seguinte:

 Consellería de: O Mar  Código: 12
 Delegación de: Vigo  Código: 41
 Servizo de: Desenvolvemento Pesqueiro   Código: 05
 Taxa: denominación
 Probas profesionais de pesca  Código: 301900
 Obxecto de pago  Mariñeiro/a Pescador/a 
 Datos de pago  18,53 €

3. Prema en Continuar.

4. Na pantalla "Datos identificativos" deberá indicar os seus datos persoais. Prema en Continuar.

5. Por último, na pantalla "Modo de pago" poderá escoller entre a opción de Pago telemático (Se desexa efectuar o pago telemático con tarxeta ou cargo en conta) e a opción de Descargar modelo presencial (Permite a descarga do modelo de autoliquidación cuberto cos datos recén capturados para imprimir e efectuar o pago presencial nunha entidade financeira colaboradora).

 

AULA VIRTUAL. A teleformación e o seguimento vía web do curso de mariñeiro/a pescador/a farase a través do seguinte enlace do portal de formación da Consellería do Mar.

 

      [Prema na imaxe]

 

PROBA FINAL. Rematado o curso de teleformación realizarase un exame que terá lugar no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo. Así mesmo, será necesario superar unha proba de natación o mesmo día do exame.

A información do día e da hora de realización da proba de natación e do exame final publicarase no portal de formación da Consellería do Mar.

 

NORMATIVA

* Real Decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os título profesionais do sector pesqueiro.

* ORDE do 31 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia.

* CORRECCIÓN de erros. Orde do 31 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia.

* Resolución de 15 de setembro de 2016 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pola que se establece a modalidade de teleformación para á obtención da titulación profesional náutico-pesqueira de mariñeiro/a pescador/a.