Aberto o prazo de matrícula para un curso de actualización de formación sanitaria específica avanzada

Publicado o 22 de xaneiro de 2019

Ábrese o prazo de matrícula para un curso de actualización de formación específica avanzada que terá lugar no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo os días 11, 12, 18 e 19 de febreiro de 2019, en horario de 10.30 h a 14.30 h.

O curso está dirixido a traballadores do ámbito marítimo que estean en posesión dalgún dos seguintes certificados:

• Certificado de Formación sanitaria específica avanzada en vigor.

• Primeirocertificado de actualización en Formación sanitaria específica avanzada en vigor.

 

PRAZO DE MATRÍCULA. Do 22.01.2019 ao 05.02.2019, ambos incluídos.

 

DOCUMENTACIÓN. As persoas candidatas deben achegar a seguinte documentación:

* Solicitude de matrícula debidamente cuberta e asinada. Descargue a solicitude AQUÍ.

* Copia do DNI/NIE polas dúas caras.

* Fotocopia do Certificado de Formación Sanitaria Específica Avanzada en vigor

 

Máis información nos teléfonos 886 110 825 e 886 110 826, ou no correo electrónico inst.pesqueiro.atlantico@edu.xunta.es