Patrón/Patroa de motonáutica "B"

ATRIBUCIÓNS DO TÍTULO

- Manexo de motos náuticas de potencia igual ou superior a 55 CV e inferior a 110 C.V.

 

CONDICIÓNS DE OBTENCIÓN

- Ter cumpridos os 18 anos de idade, ou 16 anos con consentimento paterno ou do titor.

- Superación exame teórico, convocado polas CC.AA. con transferencias ou pola DGMM.

- Superación das probas prácticas.

 

DOCUMENTACIÓN

Os/as candidatos/as achegarán a seguinte documentación:

- Solicitude de matrícula debidamente cuberta e asinada (Procedemento PE616C). Descargue a solicitude AQUÍ.

- Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.

 

TEMARIO DE COÑECEMENTOS TEÓRICOS

Primeira parte. O usuario.

1. Os requisitos legais.

2. Equipamento.

3. Actitude.

Segunda parte. A moto náutica.

4. Identificación.

5. Seguro Obrigatorio.

6. Advertencias xerais de seguridade sobre a moto náutica.

7. Equipo de emerxencia susceptible de levar na moto náutica.

8. Precaucións de seguridade durante a navegación.

Terceira parte. Seguridade na navegación.

9. Normativa.

10. Precaucións antes de saír a navegar.

11. Balizamento.

12. O Convenio internacional para previr as abordaxes na mar.

 

EXAME TEÓRICO

O exame teórico consistirá na realización dun test de 20 preguntas con resposta múltiple, correspondentes 13 á parte primeira e segunda, e 7 á parte terceira.

Para superar a proba será necesario responder correctamente o 70 por 100 do conxunto de preguntas.

 

TAXAS

Pode obter o Modelo AI. Autoliquidación de Taxas premendo na imaxe.

INSTRUCCIÓNS

1. Prema en Cidadáns, Pago de taxas e prezos, Iniciar taxa, Acceso libre ó servizo (Candado aberto) e Iniciar taxa.

2. Na pantalla "Datos da taxa" deberá cubrir o seguinte:

 Consellería de: O Mar

 Código: 12

 Delegación de: Vigo

 Código: 41

 Servizo de: Desenvolvemento Pesqueiro

 Código: 05
 Taxa: denominación (cubrirase unha taxa para cada tipo de exame - teórico ou práctico)

 Exame teórico para a obtención da titulación de Patrón/Patroa de motonáutica "B"

 Código: 302101

 Exame práctico para a obtención da titulación de Patrón/Patroa de motonáutica "B"

 Código: 302106

 Obxecto de pago

 Patrón/Patroa de motonáutica "B"
 Datos de pago

 Exame teórico: 29,65 euros

 Exame práctico: 85,91 euros

3. Prema en Continuar.

4. Na pantalla "Datos identificativos" deberá indicar os seus datos persoais. Prema en Continuar.

5. Por último, na pantalla "Modo de pago" poderá escoller entre a opción de Pago telemático (Se desexa efectuar o pago telemático con tarxeta ou cargo en conta) e a opción de Descargar modelo presencial (Permite a descarga do modelo de autoliquidación cuberto cos datos recén capturados para imprimir e efectuar o pago presencial nunha entidade financeira colaboradora).

 

NORMATIVA

* Real Decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de recreo

* Real Decreto 259/2002, do 8 de marzo, polo que se actualizan as medidas de seguridade na utilización das motos náuticas