Patrón/patroa de embarcacións de lecer (PER)

ATRIBUCIÓNS DO TÍTULO

Atribucións básicas:

- Goberno de embarcacións de recreo a motor de ata 15 metros de eslora, que faculta para navegar na zona comprendida entre a costa e unha liña paralela á mesma, trazada a 12 millas desta.

- Goberno de embarcacións de recreo a motor de ata 15 metros de eslora, que faculta para a navegación entre illas dentro do arquipélago balear e canario.

- Goberno de motos náuticas, dentro dos límites específicos de navegación aplicables a estas, de acordo coas súas características técnicas.

Atribucións complementarias:

- Se se realizan practícalas de navegación poderanse gobernar embarcacións de recreo a motor de ata 24 metros de eslora, así como navegar entre a Península Ibérica e as Illas Baleares.

- Se se realizan as prácticas de vela, poderanse gobernar embarcacións de recreo a vela, de ata 15 metros de eslora ou ben ata 24 metros de eslora se tamén se realizaron as prácticas de navegación.

 

CONDICIÓNS DE OBTENCIÓN

- Ter cumpridos os 18 anos de idade.

- Aprobar o exame teórico correspondente.

- Realizar as prácticas de seguridade e de navegación.

- Presentar un informe de aptitude psicofísica de acordo ao capítulo IV do Real Decreto 875/2014.

- Realizar o curso de radio-operador de curto alcance.

 

DOCUMENTACIÓN

Os/as candidatos/as achegarán a seguinte documentación:

- Solicitude de matrícula debidamente cuberta e asinada (Procedemento PE616C en convocatorias ordinarias e PE616D en convocatorias extraordinarias). 

- Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.

- Copia do título de patrón/patroa para navegación básica, se foi expedido fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, para poder presentarse ao exame teórico específico e complementario do xa superado para obter o título de patrón para navegación básica.

 

TEMARIO DE COÑECEMENTOS TEÓRICOS

Unidade teórica 1. Nomenclatura náutica.

1.1. Casco.

1.2. Estrutura.

1.3. Equipamento de fondeadura.

1.4. Temón.

1.5. Hélice.

1.6. Dimensións.

1.7. Terminoloxía.

Unidade teórica 2. Elementos de amarre e fondeadura.

2.1. Elementos de amarre.

2.2. Nós.

2.3. Fondeadura.

Unidade teórica 3. Seguridade no mar.

3.1. Estabilidade.

3.2. Comprobacións antes de se facer ao mar.

3.3. Medidas que se deben tomar a bordo con mal tempo.

3.4. Tormentas eléctricas.

3.5. Baixa visibilidade.

3.6. Augas superficiais.

3.7. Material de seguridade.

3.8. Home á auga.

3.9. Remolque.

3.10. Salvamento Marítimo.

Unidade teórica 4. Lexislación.

4.1. Normas que afectan as embarcacións de recreo.

4.2. Limitacións á navegación.

4.3. Mergulladores e bañistas.

4.4. Prevención da contaminación.

4.5. Pavillón nacional.

4.6. Salvamento.

4.7. Protección de espazos naturais do medio mariño.

Unidade teórica 5. Balizamento.

5.1. Normativa IALA

Unidade teórica 6. Regulamento internacional para previr abordaxes no mar (RIPA).

6.1. Xeneralidades.

6.2. Regras de rumbo e goberno.

6.3. Luces e marcas.

6.4. Sinais acústicos e luminosos.

6.5. Sinais de perigo.

Unidade teórica 7. Manobra e navegación.

7.1. Amarras.

7.2. Goberno con cana ou roda.

7.3. Manobras.

Unidade teórica 8. Emerxencias no mar.

8.1. Accidentes persoais.

8.2. Varada involuntaria.

8.3. Abordaxe.

8.4. Vías de auga e inundación.

8.5. Prevención de incendios e explosións.

8.6. Abandono da embarcación.

Unidade teórica 9. Meteoroloxía.

9.1. Importancia do tempo meteorolóxico na seguridade da navegación.

9.2. Presión atmosférica.

9.3. Temperatura.

9.4. Borrascas e anticiclóns.

9.5. Vento.

9.6. Brisas costeiras.

9.7. Mar.

Unidade teórica 10. Teoría de navegación.

10.1. Esfera terrestre.

10.2. Cartas mercatorianas.

10.3. Publicacións náuticas.

10.4. Unidade de distancia. Unidade de velocidade.

10.5. Declinación magnética.

10.6. Agulla náutica.

10.7. Corrección total.

10.8. Rumbos.

10.9. Liñas de posición.

10.10. Marcación.

10.11. Axudas á navegación.

10.12. Mareas.

10.13. Vento e corrente.

Unidade teórica 11. Carta de navegación.

11.1. Coordenadas.

11.2. Distancia e rumbo directo.

11.3. Corrección total.

11.4. Rumbo verdadeiro e rumbo de agulla (en ausencia de vento e corrente).

11.5. Situación de estima (en ausencia de vento e corrente).

11.6. Situación verdadeira.

11.7. Mareas.

 

EXAME TEÓRICO

1. O exame compoñerase de 45 preguntas tipo test de formulación independente entre si, con catro posibles respostas cada unha. A súa duración máxima será de 1 hora e 30 minutos.

2. O exame corrixirase mediante un dobre criterio de valoración, de tal forma que para lograr o aprobado se deberá responder correctamente un mínimo de 32 preguntas e non se permitirá, en certas materias, superar un número máximo de erros:

- Do Convenio internacional para previr abordaxes, máximo 5 erros permitidos.

- De balizamento, máximo 2 erros permitidos.

- Carta de navegación, máximo 2 erros permitidos.

3. A distribución das preguntas de acordo coas materias de exame farase segundo o seguinte cadro.

 

UT Identificación Número de preguntas de exame (totalidade da proba) Número máximo de erros permitidos (totalidade da proba) Número mínimo de respostas correctas (totalidade da proba) Número máximo de erros permitidos (proba complementaria PNB) Número mínimo de respostas correctas (proba complementaria PNB)
1 Nomenclatura náutica 4 -- -- -- --
2 Elementos de amarre e fondeadura 2 -- -- -- --
3 Seguridade 4 -- -- -- --
4 Lexislación 2 -- -- -- --
5 Balizamento 5 2 3 -- --
6 Regulamento (RIPA) 10 5 5 -- --
7 Manobra 2 -- -- -- --
8 Emerxencias no mar 3 -- -- -- --
9 Meteoroloxía 4 -- -- -- --
10 Teoría de navegación 5 -- -- -- --
11 Carta de navegación 4 2 2 2 2
TOTAL EXAME 45 13 32 3 15

 

4. Relación existente entre as probas do patrón para navegación básica e o patrón de embarcacións de recreo.

a) Aquelas persoas que estean en posesión do título de patrón para navegación básica, ou superasen o exame teórico para a obtención do título de patrón para navegación básica de acordo co especificado neste real decreto, non terán que realizar a proba específica para o patrón de embarcacións de recreo na súa totalidade, senón soamente as unidades teóricas 7, 8, 9, 10 e 11, e dispoñerán dun tempo máximo de 45 minutos.

b) Aquelas persoas que estean en posesión do título de patrón para navegación básica poderán presentarse ao exame teórico específico para a obtención do título de patrón de embarcacións de recreo e complementario do xa superado para a obtención do título de patrón para navegación básica, en calquera administración con competencias na materia, sexa esta a mesma que expediu ao seu favor o título de patrón para navegación básica ou outra.

c) Aquelas persoas que superasen o exame teórico para a obtención do título de patrón para navegación básica poderán presentarse ao exame teórico específico para a obtención do título de patrón de embarcacións de recreo e complementario do xa superado para a obtención do título de patrón para navegación básica, unicamente ante a Administración na cal aprobaron o exame teórico para a obtención do título de patrón para navegación básica e durante as dúas convocatorias seguintes en que a Administración realice exames de patrón para navegación básica.

d) A aquelas persoas que se presenten ao exame para a obtención do título de patrón de embarcacións de recreo e non consigan superar a proba, pero si o fagan de acordo coas exixencias do patrón para navegación básica, recoñeceráselles o dito aprobado, ben para seguintes convocatorias na mesma Administración, ben para a expedición do título de patrón para navegación básica, e conservarán o dito aprobado durante un período máximo de dúas convocatorias consecutivas nas cales a Administración realice os exames de patrón de embarcacións de recreo.

 

TAXAS

Pode obter o Modelo AI. Autoliquidación de Taxas premendo na imaxe.

INSTRUCCIÓNS

1. Prema en Cidadáns, Pago de taxas e prezos, Iniciar taxa, Acceso libre ó servizo (Candado aberto) e Iniciar taxa.

2. Na pantalla "Datos da taxa" deberá cubrir o seguinte:

(Prema aquí para ver)

3. Prema en Continuar.

4. Na pantalla "Datos identificativos" deberá indicar os seus datos persoais. Prema en Continuar.

5. Por último, na pantalla "Modo de pago" poderá escoller entre a opción de Pago telemático (Se desexa efectuar o pago telemático con tarxeta ou cargo en conta) e a opción de Descargar modelo presencial (Permite a descarga do modelo de autoliquidación cuberto cos datos recén capturados para imprimir e efectuar o pago presencial nunha entidade financeira colaboradora).

 

NORMATIVA

* Real Decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de recreo