Capitán/á de pesca

Para os efectos do Real Decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os títulos profesionais do sector pesqueiro, e disposicións de desenvolvemento, enténdese por capitán/á a persoa que, estando en posesión do correspondente título, exerce o mando e a dirección do buque, ostenta a representación do armador, así como as demais funcións públicas e privadas que lle atribúa a normativa vixente.

Para exercer profesionalmente a bordo dos buques pesqueiros españois como capitán/á deberase posuír un título en vigor.

Os/as capitáns/ás e pilotos da mariña mercante poderán exercer funcións en buques pesqueiros dentro das condicións e atribucións recollidas na Orde do 28 de febreiro de 1976 pola que se establecen as condicións que precisan os Oficiais da Mariña Mercante para desempeñar prazas nos buques de pesca.

A obtención do título de capitán/á de pesca, por parte de capitáns/ás e pilotos da mariña mercante, levará a cabo conforme ao disposto na orde citada.

 

COMPETENCIAS

- Mando de buques de pesca de calquera clase, sen limitación de eslora nin de distancia á costa.

- Enrolarse como primeiro oficial ou oficial de ponte, en buques de pesca de calquera clase.

 

REQUISITOS PARA A OBTENCIÓN DA TITULACIÓN PROFESIONAL

a) Estar en posesión do título de patrón/oa de altura ou do título de patrón/oa de pesca de altura.

b) Dispoñer dun impreso oficial, expedido por un Centro de Recoñecemento de Condutores (CRC), no que se certifique a aptitude psicofísica de acordo cos requisitos esixidos para a expedición do permiso ordinario de conducir. O anterior impreso non será necesario se o interesado dispón do certificado médico contemplado no artigo 13 do presente real decreto.

c) Cumprir 600 días de embarque como capitán ou oficial de ponte en buques de pesca de eslora superior a trinta metros; 300 destes días deben realizarse, tras a obtención do título de Patrón de Altura ou Patrón de Pesca de Altura, a bordo de buques de pesca nacionais ou a bordo de buques de pesca pertencentes a sociedades que figuren no Rexistro regulado mediante o Real Decreto 601/1999, do 16 de abril, polo que se regula o Rexistro Oficial de Empresas Pesqueiras en Países Terceiros.

d) Aprobar o exame correspondente.

 

CONTIDOS MÍNIMOS DO EXAME DE CAPITÁN/Á DE PESCA

I. Bioloxía pesqueira e conservación dos produtos pesqueiros
II. Meteoroloxía e oceanografía
III. Navegación
IV. Inglés marítimo
V. Estabilidade do buque
VI. Dereito marítimo
VII. Pesca marítima
VIII. Xestión de empresa pesqueira e dos recursos humanos a bordo
Descargue o programa completo aquí

Consulte a bibliografía recomendada para cada módulo aquí

 

Enlace scribd para bibliografía do módulo de pesca marítima

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A MATRÍCULA

As persoas candidatas interesadas no curso de capitán/á de pesca achegarán a seguinte documentación para realizar a matrícula:

- Modelo de solicitude. Descargue a solicitude AQUÍ.

- Copia do DNI/NIE polas dúas caras.

- Copia compulsada da tarxeta de patrón/oa de pesca de altura.

- Certificado de materias aprobadas, de ser o caso.

- Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.

As solicitudes deberán presentarse:

- nos centros oficiais de ensino pesqueiro onde se examinen os/as aspirantes, ou

- por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

IMPORTANTE: Con anterioridade á formalización da matrícula, as persoas interesadas informaranse nas secretarías dos centros para coñecer as datas dispoñibles de realización do curso.

 

TAXAS

Pode obter o Modelo AI. Autoliquidación de Taxas premendo na imaxe.

INSTRUCCIÓNS

1. Prema en Cidadáns, Pago de taxas e prezos, Iniciar taxa, Acceso libre ó servizo (Candado aberto) e Iniciar taxa.

2. Na pantalla "Datos da taxa" deberá cubrir o seguinte:

 Consellería de: O Mar  Código: 12
 Delegación de: Vigo  Código: 41
 Servizo de: Desenvolvemento Pesqueiro   Código: 05
 Taxa: denominación
 Probas profesionais de pesca  Código: 301900
 Obxecto de pago  Capitán/á de pesca curso completo ou Capitán/á de pesca por materias (Segundo corresponda) 
 Datos de pago

 * Curso completo: 126,25 €

 * Por materia: 36,82 € x núm. de materias

3. Prema en Continuar.

4. Na pantalla "Datos identificativos" deberá indicar os seus datos persoais. Prema en Continuar.

5. Por último, na pantalla "Modo de pago" poderá escoller entre a opción de Pago telemático (Se desexa efectuar o pago telemático con tarxeta ou cargo en conta) e a opción de Descargar modelo presencial (Permite a descarga do modelo de autoliquidación cuberto cos datos recén capturados para imprimir e efectuar o pago presencial nunha entidade financeira colaboradora).

 

NORMATIVA

* Real Decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os título profesionais do sector pesqueiro.

* Orde  APM/243/2018, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real Decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os títulos profesionais do sector pesqueiro.