Convocatoria dun curso de mariñeiro/a pescador/a na modalidade de teleformación
Publicado o 16 de xullo de 2018
A Resolución do 16 de xullo de 2018 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro convoca un curso de mariñeiro/a pescador/a na modalidade de teleformación no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.
Datas do curso: do 20 de setembro ao 6 de novembro de 2018.
Duración: 50 horas.
Número de prazas: 60.
PREMATRÍCULA. As persoas interesadas deberán realizar a prematrícula dende as 8 horas do 17 de xullo ata as 15 horas do 16 de agosto de 2018 no seguinte enlace. Para facer a prematrícula deberá rexistrarse con carácter previo. Prema AQUÍ.
Establecerase unha relación de admitidos/as en función da hora e do día da prematrícula, así como unha lista de reserva por rigoroso orde a partir da última persoa admitida no curso. A lista de reserva poderá utilizarse en caso de producirse algunha baixa na inscrición.
Se ten problemas para rexistrarse prema na imaxe.
[Manual do/a usuario/a]
MATRÍCULA. Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas no curso no portal web de formación da Consellería do Mar, éstas disporán dun prazo de 10 días naturais a partir do día seguinte da publicación para formalizar a matrícula.
As persoas admitidas achegarán a seguinte documentación:
- Modelo de solicitude PE607C. Descargue a solicitude AQUÍ.
- Copia do DNI/NIE polas dúas caras.
- Certificado de formación mínima de estudos ou, de ser o caso, declaración responsable de ter coñecementos básicos de lecto-escritura segundo o cadro que figura na solicitude.
- Declaración responsable de posuír aptitude física para realizar unha proba de natación previa á realización do exame de coñecementos teórico-prácticos segundo o cadro que figura na solicitude.
- Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame (18,23 euros).
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
A solicitude tamén poderá presentarse en soporte papel:
- na secretaría do Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico, ou
- por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común (neste caso deberán anticipar a documentación escaneada ao seguinte correo electrónico inst.pesqueiro.atlantico@edu.xunta.es, a folla de solicitude deberá ir co selo de rexistro).
TAXAS
Pode obter o Modelo AI. Autoliquidación de Taxas premendo na imaxe.
INSTRUCCIÓNS
1. Prema en Cidadáns, Pago de taxas e prezos, Iniciar taxa, Acceso libre ó servizo (Candado aberto) e Iniciar taxa.
2. Na pantalla "Datos da taxa" deberá cubrir o seguinte:
Consellería de: O Mar | Código: 12 |
Delegación de: Vigo | Código: 41 |
Servizo de: Desenvolvemento Pesqueiro | Código: 05 |
Taxa: denominación | |
Probas profesionais de pesca | Código: 301900 |
Obxecto de pago | Mariñeiro/a Pescador/a |
Datos de pago | 18,23 € |
3. Prema en Continuar.
4. Na pantalla "Datos identificativos" deberá indicar os seus datos persoais. Prema en Continuar.
5. Por último, na pantalla "Modo de pago" poderá escoller entre a opción de Pago telemático (Se desexa efectuar o pago telemático con tarxeta ou cargo en conta) e a opción de Descargar modelo presencial (Permite a descarga do modelo de autoliquidación cuberto cos datos recén capturados para imprimir e efectuar o pago presencial nunha entidade financeira colaboradora).
AULA VIRTUAL. A teleformación e o seguimento vía web do curso de mariñeiro/a pescador/a farase a través do seguinte enlace do portal de formación da Consellería do Mar.
[Prema na imaxe]
PROBA FINAL. Rematado o curso de teleformación realizarase un exame que terá lugar no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo. Así mesmo, será necesario superar unha proba de natación o mesmo día do exame.
A información do día e da hora de realización da proba de natación e do exame final publicarase no portal de formación da Consellería do Mar.
NORMATIVA