Convocatoria de probas libres de capitán/á de pesca

Publicado o 2 de maio de 2018

O Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo convoca e fixa as datas de realización das probas libres para a titulación de capitán/á de pesca.

 

PRAZO DE MATRÍCULA. Do 7 ao 22 de maio de 2018, ambos inclusive.

 

DOCUMENTACIÓN. As persoas candidatas deben achegar a seguinte documentación para poder presentarse aos exames:

* Solicitude de matrícula debidamente cuberta e asinada. Descargue a solicitude AQUÍ.

* Copia do DNI/NIE polas dúas caras.

* Copia compulsada da tarxeta de patrón/oa de pesca de altura.

* Certificado de materias aprobadas, de ser o caso.

* Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.

 

TAXAS

Pode obter o Modelo AI. Autoliquidación de Taxas premendo na imaxe.

INSTRUCCIÓNS

1. Prema en Cidadáns, Pago de taxas e prezos, Iniciar taxa, Acceso libre ó servizo (Candado aberto) e Iniciar taxa.

2. Na pantalla "Datos da taxa" deberá cubrir o seguinte:

 Consellería de: O Mar  Código: 12
 Delegación de: Vigo  Código: 41
 Servizo de: Desenvolvemento Pesqueiro   Código: 05
 Taxa: denominación
 Probas profesionais de pesca  Código: 301900
 Obxecto de pago  Exame capitán/á de pesca curso completo ou Exame capitán/á de pesca por materias (Segundo corresponda) 
 Datos de pago

 * Curso completo: 121,20 €

 * Por materia: 35,35 € x núm. de materias

3. Prema en Continuar.

4. Na pantalla "Datos identificativos" deberá indicar os seus datos persoais. Prema en Continuar.

5. Por último, na pantalla "Modo de pago" poderá escoller entre a opción de Pago telemático (Se desexa efectuar o pago telemático con tarxeta ou cargo en conta) e a opción de Descargar modelo presencial (Permite a descarga do modelo de autoliquidación cuberto cos datos recén capturados para imprimir e efectuar o pago presencial nunha entidade financeira colaboradora).

 

DATAS E LUGARES DE EXAME. Prema na seguinte imaxe para ver as datas e os horarios dos exames.