Organización do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións

Cales son os módulos deste ciclo?

 PRIMEIRO CURSO  HORAS 
 Formación e orientación laboral 107 
 Inglés 160 
 Organización da asistencia sanitaria a bordo 53 
 Organización do mantemento da planta propulsora e maquinaria auxiliar de buques 240 
 Organización do mantemento e montaxe de instalacións e sistemas eléctricos de buques e embarcacións 187 
 Organización do mantemento en seco de buques e embarcacións, e montaxe de motores térmicos 213 
   
 SEGUNDO CURSO HORAS
 Control das emerxencias 157 
 Empresa e iniciativa emprendedora 53 
 Proxecto de organización do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións 26 
 Organización da garda de máquinas 53 
 Organización do mantemento e montaxe de instalacións frigoríficas e sistemas de climatización de buques e embarcacións  157 
 Planificación do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións 53 
 Programación e mantemento de automatismos hidráulicos e neumáticos en buques e embarcacións 157 
 Formación en centros de traballo 384 

Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en organizar ou supervisar os traballos de mantemento da planta propulsora, maquinaria auxiliar e servizos do buque, a partir da información técnica, así como organizar o servizo de mantemento e montaxe deses elementos en embarcacións en terra, definindo recursos, dirixindo equipos humanos e organizando e realizando as gardas de máquinas, e realizar as tarefas de mantemento, regulación e control garantindo a seguridade da travesía en condicións de calidade e seguridade laboral e ambiental definidas.

En que ámbitos se traballa?

As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade como oficial de máquinas; primeiro oficial e xefe de máquinas en buques e embarcacións de buques civís e de pesca, así como en empresas públicas ou privadas de calquera tamaño dedicadas á construción, a reparación e o mantemento naval, tanto por conta propia como allea. Así mesmo, poderán empregarse, por conta propia ou allea, en pequenas e medianas empresas, de natureza pública ou privada, dedicadas á construción e o mantemento de embarcacións deportivas e de recreo. En determinadas circunstancias, deberán facer uso da lingua inglesa como vehículo de comunicación.

Que ocupacións se desempeñan?

Xefe de máquinas, de acordo coas atribucións establecidas para o mecánico maior naval; oficial de máquinas ou primeiro oficial de máquinas; inspector en empresas pesqueiras; xefe de equipo de mantemento electromecánico de instalacións de industrias manufactureiras e de instalación e mantemento de instalacións frigoríficas e sistemas de climatización; xefe de taller de sistemas eléctrico-electrónicos de embarcacións deportivas e de recreo, de sistemas de propulsión e goberno de embarcacións deportivas e de recreo, de sistemas de frío e climatización, e de servizo de fluídos de embarcacións deportivas e de recreo; encargado de taller de sistemas de propulsión e goberno de embarcacións deportivas e de recreo; perito taxador de embarcacións deportivas e de recreo.

Que título se obtén?

Técnico superior en Organización do Mantemento de Maquinaria de Buques e Embarcacións.

A que outros estudos se pode acceder?

Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura. Así mesmo, é posible acceder a calquera ensinanza universitaria de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.

Titulación profesional

Mecánico/a maior naval. Consulte as atribucións e os requisitos de obtención AQUÍ.

 

 

Máis información en www.edu.xunta.es/fp/