Mantemento e control de maquinaria de buques e embarcacións

Cales son os módulos deste ciclo?

 PRIMEIRO CURSO  HORAS 
 Atención sanitaria a bordo 53 
 Formación e orientación laboral 107 
 Inglés 160 
 Mantemento da planta propulsora e maquinaria auxiliar 240 
 Mantemento das instalacións e máquinas eléctricas en buques e embarcacións  160 
 Procedementos de mecanizado e soldadura en buques e embarcacións 240 
   
 SEGUNDO CURSO HORAS
 Empresa e iniciativa emprendedora 53 
 Seguridade marítima 157 
 Instalación e mantemento de maquinaria de frío e climatización en buques e embarcacións  175 
 Procedementos de garda de máquinas 70 
 Regulación e mantemento de automatismos en buques e embarcacións 175 
 Formación en centros de traballo 410 

Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en operar e manter a planta propulsora e os equipamentos e sistemas do buque, e colaborar na seguridade, na supervivencia e na asistencia sanitaria a bordo, aplicando criterios de calidade e cumprindo os plans de prevención de riscos laborais e ambientais da empresa.

En que ámbitos se traballa?

As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en buques dedicados ao transporte marítimo de carga e pasaxe, ou en buques pesqueiros, de natureza pública ou privada, dentro dos límites e as atribucións que estableza a Administración competente. Así mesmo, a súa formación permítelles desempeñar funcións por conta allea ou por conta propia en empresas dedicadas ao mantemento de embarcacións e plantas enerxéticas.

Que ocupacións se desempeñan?

Operario de reparación e mantemento de motores e grupos mecánicos; operario de reparación e mantemento de plantas enerxéticas de motor e vapor; xefe de máquinas; oficial de máquinas ou primeiro oficial de máquinas; electromecánico de mantemento e instalación de planta propulsora, máquinas e equipamentos auxiliares de embarcacións deportivas e de recreo; mecánico de motores e equipamentos de inxección (diésel e gasolina); mecánico de motores de gasolina; mecánico de motores diésel; mecánico de motores en maquinaria industrial; mecánico de motores e grupos mecánicos navais en estaleiros; mantedor de aire acondicionado e fluídos en embarcacións deportivas e de recreo; electricista naval; electricista de mantemento e reparación de motores, dínamos e transformadores; operario de instalación e mantemento de sistemas frigoríficos e de aire acondicionado.

Que título se obtén?

Técnico en Mantemento e Control de Maquinaria de Buques e Embarcacións.

A que outros estudos se pode acceder?

Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura.

Titulación profesional

Mecánico/a naval. Consulte as atribucións e os requisitos de obtención AQUÍ.

 

 

Máis información en www.edu.xunta.es/fp/