Navegación e pesca litoral

Cales son os módulos deste ciclo?

 PRIMEIRO CURSO  HORAS 
 Atención sanitaria a bordo 53 
 Despacho e administración do buque 107 
 Estabilidade, trimaxe e estiba do buque 160 
 Formación e orientación laboral 107 
 Inglés 160 
 Técnicas de manobra 160 
 Técnicas de navegación e comunicacións  213 
   
 SEGUNDO CURSO HORAS
 Empresa e iniciativa emprendedora 53 
 Seguridade marítima 157 
 Instalacións e servizos 105 
 Pesca de litoral 210 
 Procedementos de garda 105 
 Formación en centros de traballo 410 

Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en organizar, xestionar e executar as actividades de buques, cuxas características e límites xeográficos determinen as administracións competentes para este nivel, dirixindo e controlando a navegación, a extracción, a manipulación e a conservación da pesca, respectando as condicións de seguridade e consonte a normativa.

En que ámbitos se traballa?

As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade, por conta propia ou allea, en buques de pesca e en buques mercantes, de natureza pública ou privada, cos límites e as atribucións que estableza a Administración competente.

Que ocupacións se desempeñan?

Patrón costeiro polivalente, local de pesca, dedicado ao transporte marítimo de mercadorías e/ou pasaxe, servizos de practicaxe, seguridade, salvamento marítimo, mergullo e investigación, patrón ao mando de buques de pesca ou mercantes; patrón, primeiro oficial e oficial de ponte en buques mercantes, pesqueiros e de pasaxe, coas atribucións establecidas para o patrón de litoral; mariñeiro pescador e de ponte; inspector de flota; supervisor de montaxe e armaxe de artes e aparellos de pesca; manipulador ou operario de elaboración; operario de envasamento e empaquetaxe; operador ou controlador de liña de envasamento; traballador na preparación de peixe para conservas; especialista en tratamentos de frío; elaborador de produtos da pesca e derivados, de conservas de peixe e de semiconservas, de conxelados e ultraconxelados; limpador e preparador de peixe para conservas.

Que título se obtén?

Técnico en Navegación e Pesca de Litoral.

A que outros estudos se pode acceder?

Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura.

Titulación profesional

Patrón/oa de litoral. Consulte as atribucións e os requisitos de obtención AQUÍ.

 

 

Máis información en www.edu.xunta.es/fp/