Skip to Content

Procedemento de admisión do alumnado para o curso 2020/2021

NORMATIVA REGULADORA

FASE DE RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS DE ADSCRICIÓN

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
  • A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Normativa de aplicación

 

  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

POSTOS ESCOLARES DISPOÑIBLES

1º ESO  29
2º ESO 28
3º ESO 28
4º ESO 18
 
 
(*)Reservados tres postos por unidade para posible escolarización pola Delegación de alumnado con necesidade específica de apoio educativo
 

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE RESERVA DE PRAZA:

(anexo I: ED550A)

Do 11 ao 8 de febreiro

 

 

PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

(anexo II:ED550B)

Do 1 ao 20 de marzo

 

PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMO

Ata o día 12 de abril de 2021

 

ADMITIDOS

  • Antes do 15 de abril ( listaxes provisionais) ( Reclamacións 3 días hábiles desde o seguinte á publicación)
  • Antes do 15 de maio (  Publicación listaxe definitivas)

 

PRAZO ORDINARIO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:

(anexo III)

do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2021

 

PRAZO EXTRAORDINARIO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:

do 1 ao 10 de setembro de 2020

  

CENTROS ADSCRITOS:

 

CEIP Milladoiro en Malpica de Bergantiños

CEIP Joaquín Rodríguez Otero en Buño

 

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza, deberá presentar o formulario que se adxunta:

 

NOTAS INFORMATIVAS:

  • Pódese presentar unha única solicitude no centro no que se pida praza en primeiro lugar, a infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade.
  • O alumnado ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto. Deberá comunicalo ao centro de orixe.
  • O alumnado que ten reservada a praza nun centro e presenta a solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia de dita reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

Este centro conta con prazas suficientes para satisfacer a demanda unha vez rematado o prazo de reserva.

 



page | by Dr. Radut