Skip to Content

Historia

Malpica no ano 1946

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

HISTORIA DA VILA. 1946

14 cumpreanos do IES Urbano Lugrís

30/03/2014 00:00
Europe/Madrid

O domingo 30 de marzo de 2014, o noso centro cumpriu 14 anos dende o seu cambio de denominación a IES Urbano Lugrís, anteriormente chamábase IES Beo-Seaia.

ORDE do 30 de marzo de 2000 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria Beo-Seaia de Malpica de Bergantiños (A Coruña)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de marzo de 2000 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria Beo-Seaia de Malpica de Bergantiños (A Coruña).

Tendo en conta o artigo 3, punto 1º do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG nº 156, do 9 de agosto), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

 

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Malpica de Bergantiños.

Localidade: Vilanova.

Código do centro: 15008301.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria Beo-Seaia.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Urbano Lugrís.

Malpica, o Mar de Sisargas

MALPICA NO 1946 (LIGAZÓN)

MALPICA DE BERGANTIÑOS NA MEMORIA (LIGAZÓN)

Malpica de Bergantiños

malpica aerea

 

O IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños é un centro onde se imparte a ESO. Está situado nas aforas da vila, na parroquia de Beo, ao comezo da península de Santo Hadrián.

O concello de Malpica de Bergantiños está localizado ao noroeste da provincia da Coruña, na comarca de Bergantiños, na vertente setentrional da Costa da Morte. Á beira do Océano Atlántico, co que linda na súa parte norte, sobresae o Cabo de Santo Hadrián, fronte o cal se erguen as illas Sisargas.  O concello ten 60,5 km2 de extensión e unha densidade de poboación de 140 habitantes/ km2. O seu principal porto pesqueiro é o da capital, Malpica de Bergantiños, dedicado fundamentalmente á pesca de baixura e marisqueo.

 

 

Despois de Laxe, é o municipio de menor extensión da comarca. A súa superficie está repartida en oito parroquias: Barizo, Buño, Cambre, Cerqueda, Leiloio, Malpica, Mens e Vilanova.

Malpica ten un total de 6432 habitantes repartidos do seguinte xeito nas oito parroquias:

                             

BARIZO

BUÑO

CAMBRE

CERQUEDA

MALPICA

MENS

VILANOVA

LEILOIO

335

636

270

680

2920

432

508

651

 

Urbano Lugrís e Malpica de Bergantiños

lugris 1

Urbano Lugrís naceu no ano 1908, fillo do galeguista Manuel Lugrís Freire, presidente da Real Academia Galega.

Lugrís foi un pintor case autodidacta, poeta ilustrador, muralista e de vida bohemia. Colaborou con intelectuais da talla de Rafael Dieste, Laxeixo, Lorca ou Alberti.

A súa obra reflicte unha predilección polos temas mariñeiros e a través de la transmite un detallado mundo idealizado, onírico e soñador onde a cor azul sempre tivo predominancia. Adoitaba pintar sobre táboas recreando temas mitolóxicos, lexendarios, de aventuras de barcos desaparecidos baixo as augas ou simples narracións fantásticas tranformadas na súa paleta de pintor.

lugris3

Coñeceu Bergantiños grazas á poesía de Eduardo Pondal a quen coñeceu persoalmente da man do seu pai nas tertulias galeguistas da Cova Céltiga da Coruña.

No ano 1956 Urbano Lugrís desprazouse a vivir a Malpica de Bergantiños para cumprir o encargo que lle propuxeran Francisco Mato Blanco (contramestre de Malpica) e Fariña (Secretario da Confraría de Pescadores) de pintar os murais da Casa do Pescador. Durante os seus catro meses de estadía na vila vivíu no Hostal Bar Novo, no cuarto número 18, o cal daba á praia. Desde a súa fiestra podía ver as Illas Sisargas, que despois pintaría nun dos cinco murais malpicáns.

Neste establecemento tamén facía todas as súas comidas e durante a noite lía libros de viaxes de Xulio Verne ou R. L. Stevenson.

Inspirado na vila mariñeira, o pincel de Lugrís legou a Malpica de Bergantiños seis murais e dous trípticos.

Cada mural leva a súa lenda

Norte, Sul, Este, Oeste, cantan na rosa dos ventos, a verde ribeirana do mar.

Mar dos avós, dos fillos e dos netos, dános decote a mantenza da túa entran.

Da Sisarga, espiña e ollo do mar, o vento repite a eterna , mariñeira canzón.

En tempos, os fortes homes de Malpica cazaban a balea por lonxanos mares.

No xardín do fondo do mar, durmen os sonos antigos, no berce mol do craro luar

Os trípticos están dedicados a temas relixiosos.

Distribuir contido


by Dr. Radut