Skip to Content

REGUEIFANDO NO IES TERRA DE XALLAS

Dende o Departamento de Lingua galega e literatura, a Biblioteca e o EDLG, para incentivar o galego edar a coñecer este modello de improvisación oral ao alumnado de 2º da ESO, organizamos un obradoiro de regueifas impartido por dúas figuras emerxentes da regueifa como son: O Rabelo e Lorena Medela.

Primeramente ensinóuselle ao alumnado a orixe das regueifas, as súas características, a súa evolución no tempoe a súa presenza ao longo de Galicia. Logo de coñeceren algunhas nocións métricas e de rima, elaboraron e cantaron unha copla onde estaba presente a capital xalleira:

 

Voa ao compás da regueifa

voa alto miña pomba

voa ao compás da regueifa

todo ritmo Santa Comba.

 

Todo ritmo Santa Comba

e pasa por un embudo

ninguén canta por aquí

todo o mundo quedou mudo.

 

Todo o mundo quedou mudo

porque pasou un camión

non lle freaba un freo

atropelou un peón.

 

Divididos por grupos, as rapazas e rapaces compuxeron coplas, houbo moita creatividade e diversión nas propostas buscando a rima e o ritmo e medindo os versos para facer as estrofas (ao redor das figuras de Papa Noel, O Apalpador e os Reis Magos).

 

Tres persoas benqueridas

veñen sempre no Nadal

cos seus bonitos camelos

de pelaxe natural.

 

Somos as baltasareñas

apoiamos aos Reis Magos

só estamos esperando

que nos traian agasallos.

 

Pasaron unha xornada divertida compoñendo e regueifando nunha actividade formativa que pechou un trimestre intenso, achegándose a tradición e traballando valores como a cooperación e solidariedade:

 

Un crime xenófobo

en Israel hai exclusión

miña querida Palestina

eu estou ao teu carón

 

 



page | by Dr. Radut