Skip to Content

AS PEGADAS DE ROSALÍA POR PADRÓN

O venres 11 de abril o departamento de Lingua Galega Literatura xunto coa Biblioteca realizamos co alumnado de 3º da ESO un roteiro rosaliano por Padrón guiado polo especialista na súa obra e historiador Manuel Baleirón. Percorremos os seguintes lugares: estatua de Rosalía (sita no Espolón), casa na Rúa do Sol, Casa Grande de Arretén, cemiterio de Adiana e Casa-Museo Rosalía en a Matanza.

APRENDE A TRAVÉS DO SURFING

Os grupos de 4º ESO do IES Terra de Xallas participaron nunha activade do proxecto educativo “aprende a través do surfing” que consiste nunha plataforma on-line con contidos educativos, unha sesión vivencial no  propio centro e por último unha mañá completa na praia de Razo en Carballo coa escola de surf “Art Surf Camp”. Ademais da toma de contacto coas ondas do mar, inculcáronse valores de conservación do medio natural e do comportamento das correntes para poder desfrutar dun baño seguro nos nosos areais. Grandes xornadas de deporte, convivencia e aprendizaxe, coas que seguimos inculcando hábitos saudables nos nosos alumnos/as!!! Para máis información prema:aquí

 

INAGURACIÓN DO HERBARIO FLORES DE FERRO

O pasado xoves 25 de abril, inaguramos a exposición do herbario Flores de ferro. Tivemos a honra de contar coa presenza da autora desta novela, María Rei Vilas, que nos falou da vinculación do seu libro co ámbito científico. No acto tivo un papel destacado o alumnado que explicou as distintas técnicas para a elaboración dos debuxos e o profesorado que comentou como se debía preparar un herbario. Para máis información prema: aquí

VISITA AO DOLMEN DE DOMBATE

O día 24 de abril, o Departamento de Bioloxía en colaboración co Departamento de Educación Física organizaron unha saída ao Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate no municipio de Cabanas de Bergantiños. O alumnado de 1º da ESO xunto co alumnado do Club de Ciencia disfrutou da visita arqueolóxica, dun obradoiro de caza e un percorrido pola ruta dos MuíñosPara máis información prema: aquí

PLANTANDO CARA O LUME

O pasado luns 15 de abril, o Departamento de Bioloxía e a Biblioteca do IES Terra de Xallas organizou unha actividade colaborativa coa Facultade de Bioloxía (Área de Ecoloxía) da USC. O alumnado e o seu profesorado participaron nunha estratexia de Aprendizase-Servizo (Aps) para a loita contra os incendios forestais. Para máis información prema: aquí

PARTICIPACIÓN NO YOUNG BUSINESS TALENTS

O alumnado de 4º ESO, 1º Ciclo Superior de Administración e Finanzas do IES Terra de Xallas participou, ao longo do curso académico 2023 - 2024, no programa “Young Business Talents” de ámbito estatal.

O concurso consiste na simulación da actividade empresarial no que se toman decisións para maximizar os beneficios, considerando os custos e tomando decisións sobre as diferentes variables económicas.

Un equipo de alumnado do IES Terra de Xallas clasificouse no terceiro posto da provincia da Coruña A Coruña, o que lle da acceso as probas finais, que se celebrarán en Madrid o día 19 de abril.

Neste concurso participaron cerca de 5.000 equipos en toda España polo que ter a oportunidade de participar na final xa supón un premio en sí mesmo.

Dende o centro non podemos máis que felicitar a todo o alumnado que participou polos bos resultados obtidos e ás/aos nosas/os representantes na fase final de Madrid, darlle moitos ánimos e desexárlles moita sorte!!

Tamén queríamos agradecer a todas as entidades e empresas colaboradoras o apoio prestado, xa que sen eles todo isto sería moito máis difícil. 

Para máis información prema aquí

Listado de patrocinadores:

  • IES Terra de Xallas
  • Anpa IES Terra de Xallas
  • Concello de Santa Comba
  • Forjados Santa Comba
  • SC Selección - Luxury
  • Elmega
  • La Pitusa (Carbónicas Landeira)
  • Maquisaba S.L
  • Ivocky
  • El juguetón
  • Reloxería Romar 
  • Arquitectura e Ingeniería Rodríguez

 

Distribuir contido


by Dr. Radut