Resumo das XIX XORNADAS DE ORIENTACIÓN AO EMPREGO
![Cartel das xornadas XVIII de orientación ao emprego](http://www.edu.xunta.es/centros/iesteis/galeria/albums/iesteis/userpics/10002/normal_s-2274.jpg)
Xa quedaron atrás as XIX XORNADAS DE ORIENTACIÓN AO EMPREGO. Este ano tivemos tres días e moitas persoas invitadas!!!
UN BREVE RESUMO DO ACONTECIDO…
Empezamos o luns 29 de xaneiro con Álvaro Gómez nunha conferencia sobre protección de datos de carácter persoal. O alumnado de Asesoría de Imaxe Persoal, que colaborou na organización do evento, estivo preparando os últimos detalles, e algúns alumnos de informática, que tamén axudaron, preguntándose como se meteron en semellante berenxenal!
O martes 30 de xaneiro tras a inauguración por parte da Vicedirectora do IES de Teis Ana Rúa, comezaba o primeiro día grande das xornadas cunha mesa de Mulleres que nos representan: Elvira Landín, Loida Zamuz e Yolanda García contáronnos como foi a súa vida laboral, os seus proxectos, atrancos por ser mulleres nun mundo conservador que durante décadas reforzou os roles de xénero. A mañá continuou con Abel Barredo falando da Lei de autónomos, e despois do descanso tiveron lugar os obradoiros sobre entrevistas de traballo, redes sociais e estilismo en TV a cargo de Emilia Alonso, Alberte Cea e Amaya Fernández.