Skip to main content

8 de Marzo: Día da muller

Alumnas mostrando carteis

O pasado xoves 8 de marzo celebrouse o "Día da muller" no noso centro. A comunidade educativa realizou varias actividades relacionadas co evento, destacando a concetración de todo o alumnado do centro no hall do instituto.

O alumnado leu diferentes consignas onde se reflectía o sentir da nosa comunidade. Ademais gardouse un minuto de silencio en respecto polas victimas da violencia de xénero seguido dun sentido aplauso.

Tamén proxectaronse vídeos e presentacións. A modo de exemplo deixamos neste enlace http://www.edu.xunta.gal/centros/iesteis/presentacion-dia-muller, a presentación que se estivo vendo nos TV do hall do noso centro, feita polo noso alumando.

Colgamos algunhas fotos onde obter unha idea das actividades realizadas.

 

Galería de imaxes do evento

 

Ver galería externa

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License

Erasmus+