Skip to main content

Procedemento de admisión de alumnado 2017/2018 (ESO e BACHARELATO)

  1. Normativa reguladora do procedemento de admisión

    DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (ver documento).

    ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (ver documento).

    ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (ver documento).

    "admisionalumnado".- Aplicación de xestión das solicitudes de reserva para centros adscritos e admisión para alumnos de Educación Infantil, Primaria, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos.

  2. Postos escolares ofertados para o curso académico nos niveis de ensino aos que se refire o procedemento de admisión.

     

    Nivel educativo Num. prazas ofertadas Num. permanencias Num. solicitudes de reserva asignadas Num. vacantes
    1º ESO 54 + 6 NEAE 0 26 34
    2º ESO 60 25 -- 35
    3º ESO 60 36 -- 24
    4º ESO 60 40 -- 20
    1º Bacharelato (Ciencias - Humanidades e CCSS) 60 34 -- 26
    2º Bacharelato (Ciencias - Humanidades e CCSS) 60 23 -- 37
  3. Prazo de presentación das solicitudes de admisión.

    Do 1 ao 20 de marzo de 2017, ambos incluídos.

    A solicitude de admisión de alumnado realizaranse mediante o modelo anexo II (procedemento ED550B), aprobado pola Orde de 25 de xaneiro de 2017, que poderá cumprimentarse na aplicación admisiónalumnado, ou descargarse e cumprimentarse de forma manual polas familias. Tamén se poden descargar da Guía de procedementos e servizos da Administración da Comunidade Autónoma de GAlica, na dirección http://www.xunta.gal/portada, e da páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na dirección http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21113.

    Formalización das solicitudes de admisión: A solicitude será única e poderase presentar de forma presencial no centro educativo que a rexistrará, ou de forma electrónica a través da aplicación admisiónalumnado. Unha vez presentada a solicitude non é posible modificar os centros relacionados nin a súa orde de prelación. A renuncia á solicitude rexistrada non permite presentar unha nova, polo que a/o alumna/o deberá escolarizarse conforme ao procedemento subsidiario do Capítulo IV da Orde de admisión.

  4. Nota informativa:
    1. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advírtese que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
    2. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
    3. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
  5. Prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo, se é o caso.

    Do 23 de marzo ao 5 de abril

  6. Calendario que inclúe a data de publicación das listaxes do alumnado admitido e non admitido e prazos para formular reclamación:
    • Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 marzo
    • Lista provisional de admitidos e non admitidos, antes do 25 de abril (se poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar)
    • Lista definitiva de admitidos e non admitidos, antes do 15 de maio (as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación).
  7. Prazo para formalizar a matrícula que deberá axustarse ao modelo normalizado do anexo III da orde do 12 de marzo de 2013 (en http://www.edu.xunta.es/web/node/18048).
    • Prazo ordinario: do 25 de xuño ao 10 de xullo
    • Prazo extraordinario: do 1 de setembro ao 10 de setembro
  8. Centros adscritos:
    • CEIP San Salvador
    • CPR San Fermín
  9. Area de influencia do cento:

    ESO-Zona Eductiva Nº 3:Comprende a parroquia de Teis, tendo os seus límites no cruce das rúas Xulian Estévez co inicio de Sanjurjo Badía collendo pola parte baixa da rúa Coutadas (deixando á dereita o Barrio das Flores) pola rúa Santander ata chegar a Teis.

  10. Servizos complementarios que ofrece o centro.
    • Servizo de transporte escolar.
      • 1 liña con itinerario: Colexio San Fermín – Faílde – Fenosa – IES de Teis

Vigo, 28 de febreiro de 2017

 

Erasmus+