Os días 24 de abril e 8 de maio de 2018 desenvolvéronse no noso centro os obradoiros de primeiros auxilios.
En concreto, o día 24 de abril participou na actividade o alumnado de 1º curso dos ciclos de ASIR, DAM, SMR, EIB, PCC, e EB do réxime ordinario matriculado no módulo de Formación e orientación laboral en horario de mañá, mentres que o día 8 de maio en horario de tarde o alumnado participante foi o do réxime de persoas adultas: alumnado matriculado no módulo de Formación e Orientación laboral de todos os ciclos, o alumnado do módulo Imaxe corporal e hábitos saúdables e do módulo Procesos fisiolóxicos da familia profesional de Imaxe persoal, así como o alumnado de 2º curso dos ciclos de formación profesional básica.
O obradoiro foi impartido por Carlos Vales (@carlosvales), responsable do programa Síntome Ben do concello de Vigo e coordinador dos Servizos de Salvamento e Socorrismo nas praias de Vigo.
Ademáis, o día 8 de maio contamos coa asistencia de Abel Caballero Álvarez, alcalde do concello de Vigo, quen dirixiuse ós participantes clausurando o programa municipal.
Este obradoiro foi organizado polo departamento de Formación e orientación laboral.
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License