.

.

..

Para comprender mellor

.

inicio-

-

Narracións para cativ@s, adolescentes e adultos sen idade

bayesPsicología del sufrimiento y la muerte.
Ramón Bayés
Ed. Martínez Roca
Barcelona 2001

É unha fonte seria e precisa de información sobre o que supón para pacientes, familiares e clñínicos pasar polas vivencias dunha enfermidade terminal. A longa experiencia do autor permítelle presentar extratexias que axudan a todos os implicados a paliar o sofrimento que, as veces, se fai presente nos procesos de morrer. Temas fundamentais como a transmisión de malas novas, os procedementos para avaliar o sofremento ou a clarificación das funcións que deberían esperarse das unidades de coidados intensivos ou de paliativos son tratados con sumo rigor.

nicholsEsto no es justo.
Sally Nichols
Umbriel Narrativa 2009

Sam é un apaixonado dos ovnis, das películas de medo, dos inventos científicos. Non encontra a moita xente disposta a falar dalgunhas cousas que lle interesan, incluída a súa leucemia.
cun formato moi agradable, con debuxos e algunhas páxinas manuscritas con supostas anotacións e listas feitas nunha libreta como:
- Cousas que quero que pasen despois da miña morte.
- Que facer cando alguén morre.
- Cousas que ninguén quere contestar... etc.
Valiente, ameno e áxil, nada casposo, moi interesante nalgúns plantexamentos sobre o significado da morte. Aínda que é sempre delicado copn todas as posturas, plantexa abertamente posibilidades non moi habituais neste tipo de obra.

Marcos GómezMorir con dignidad.
Marcos Gómez Sancho.
Arán ediciones. Madrid 2008

Fundamental como documentación para calquera proxecto de educación para a morte. encara todos temas referidos á enfermidade e a morte, desdeos diferentes tipos: social, psicolóxica, biolóxica, fisiolóxica, ata aspectos prácticos facendo especial incapé nos medos e necesidades dos achegados á persoa enferma e nas do proprio suxeito que está no proceso de morrer. Compaxina o ensaio científico con abundantes citas literarias.

downhamAntes de morirme
Jenny Downham
Ediciones Salamandra. SA Barcelona 2009

Un libro ben escrito, honesto e conmovedor. Nada de sentimentalismos nin concesións, é duro pero ao mesmo tempo cheo de tenrura e verdade.
A protagonista é unha adolescente que deixando ao lado a súa enfermidade, non se distancia moito das mozas da súa idade, a dificultade de entenderse cos pais, as pelexas coa súa mellor amiga, as primeiras experiencias sexuais... está farta de todo ao tempo que desexa probar un montón de cousas quwe aínda non fixo na vida.

kublerApender a morir-aprender a vivir. Preguntas y respuestas.
Elizabeth Kubler-Ross. Sirpus Editorial.
Barcelona 2003

Con ilustracións e áxil pola estructura de preguntas e respostas, con moitas facetas interesantes como a orte infantil, a negación do tema nas sociedades modernas, a medicalización en ntornos fríos. A autora meree o respeto dunha persoa cunha amplísima experiencia no tema. É valiente e nótase que sabe do que está a falr. Interesante para plantexar o debate da eutanasia. Ela non comparte estas prácticas. Ten un sentido trascendente da vida. Pensa que cada persoa ten que aprender da p`ropria experiencia para a súa morte sen dor, porque hai métodos para conseguilo sen acortar tempos.

kuipersLa vida en la puerta de la nevera
Alice Kuipers.
Ediciones Salamndra. Barcelona 2008

Unha nai que pretende ser unha profesional seria e responsable no seu traballo, como tantas e tantas nais. Unha rapaza inmersa no turbulento mundo da adolescencia, como outras tantas rapazas, e a porta da neveira como testemuña muda das mensaxes que conforman unha relación só a medias aceptada, só a medias conveniente para ambas. De súpeto, tantas rutinas que parecían garantidas estoupan e o tempo empézase escorrer entre os dedos. Un relato tremendamente efectivo que fala de relacións coas que resulta moi difícil non sentirse identificad@s

mosterinLa naturaleza humana/www.ediciona.com/lo_siento_mucho_de_nuno_lobo_antunes-dirpi-10496.ht
Jesús Mosterín
Espasa-Calpe. Madrid 2005

Que significa morte? Cal é a súa causa e función? Por que envellecemos? As sucesivas mortes no proceso de morrer. Velaquí o reto do que se propón dar conta o autor desde os coñecementos que a ivestigación científica proporciona e desde a mirada crítica da filosofía no capítulo Muerte y eutanasia.

frankieEl sueño de Frankie
Pauline Fisk
Ediciones Montena S.A 2009

Aborda o difícil tema da morte dunha amiga nesa idade na que os amigos son tan necesarios como o alimento para poder medrar. Ten un tono xeral contido e sobrio, nada morboso nin exento de humor, sen excluir a dureza da situación. Poderíamos dicir que, probablemente, é unha historia para rapazas que entran na adolescencia, como as protagonistas da historia, por que describe perfectamente a complicidade e a intensidade que teñen as nenas a esa idade coas súas mellores amigas.

pochLa muerte y el duelo en el contexto educativo
Concepción Poch e Olga Herrero
Paidós Ibérica. Barcelona 2003

Comeza coa pedagoxía da vida e da morte: como é vista polo alumnado, polos educadores, como é a morte hoxe...Achega moitas testemuñas de como a ven os adolescentes.
A segunda parte atende aos procesos de dó ante as perdas significativas. Unha fonda explicación do que é o dó e de como hai que intentar facer partícipar ao alumn@, fill@ en todo momento. Refire como os que foron apartados dos procesos do enterro/morte logo o lembran como unha mala experiencia. Dá pautas para tratar o problema. Ten moitas propostas de actividades didácticas sobre a morte para as diversas idadeds, desde os pequenos aos adolescentes/xoves. Textos literarios, música e varias películas.

antunesLo siento mucho
Nuno Lobo Antunes
Aguilar. Madrid. 2009


Se tes pensado estudar medicina non estará de máis que leas este libro. Está cheo de inseguridades, de experiencias de dor, de alegría e sobre todo de humanidade, a dun médico neuroncólogo que leva moito tempo traballando con nen@s e moz@s que padecen enfermidades de pronóstico complicado e nos conta algúns destes casos mesturados cos seus sentimentos, crenzas e recomendacións. Pode que non compartamos todas as súas ideas e crenzas relixiosas pero seguro que aprendemos da súa sinceridade.
A crueza dalgúns dos relatos exise unha certa madureza no lector polo que só é apto para alumnado de bacharelato e adultos.

ferrerEl lenguaje de la inmnortalidad. Pompas fúnebres
Eulalio Ferrer.
Editorial Fondo de Cultura Económica. México 2004

Mantén a tese de que necesitamos construir algún tipo de inmortalidade a través da memoria dos outros para o que desenvolvemos toda unha linguaxe específica: rituais, pompas fúnebres.
Achega moitos datos históricos facendo un percorrido por distintas épocas. É divertido e curioso e abre moitas vías de reflexión. O estudo que fai sobre a tipoloxía e funcións das esquelas en tanto que plataformas publicitarias é un dos interesantísimos aspectos dos que se ocupa na súa análise da mercantilización da morte que abrangue a evolución da linguaxe fúnebre, os novos soportes e servizos e as perspectivas dos negocios que xiran en torno á morte.

fioEl hilo de la vida
Davide Cali e Serge Bloch
Ediciones B. 2006

A vida é un fío vermello.

Cun deseño algo máis que orixinal, esta especie de cómic, case sen texto, atina en sinalar os acontecementos clave polos que transcorre a vida de moitas persoas que por outra parte non son alleos á morte.

nomenTratando...el proceso de duelo y de morir.
Leila Nomen (Coor.)
Ediciones Pirámide. Madrid 2008

Unha moi útil escolma de boas prácticas para xestionar situacións difíciles: como dar malas novas, falar con nen@s e adolescentes, afrontar os propios procesos de perda e dó, ou os momentos finais da vida.

Achega información para os profesionais que por unha ou outra razón teñan que desenvolver a súa función nalgunha destas circunstancias.

wolf_patoEl pato y la muerte
Wolf Ehribruch
Barbara Fiore Editora. Jerez 2007

É unha pequena xoia que seguro non vos deixará indiferentes. un conto para nenos que engaiola tamén aos adultos.
As ilustracións son incríblemente fermosas e os textos, tras unha aparente simplicidade, amosan as mási profundas relacións entre vivir e morrer.

learyEl trip de la muerte
Timothy Leary
Kairós. Barcelona 1998

Unha aproximación nada convencional que destapa as hipocresías e utilizacións que sobre a morte tecen as empresas funerarias, as relixións e a mesma medicina oficial. Pode que algunha das teorías que ofrece o autor non se vexa avalada pola ortodoxia científica pero iso non lle resta mérito algún ás reivindicacións sobre o dereito á autonomía no morrer dun espíritu cheo de frescura e positividade disposto a probar todas as opcións posibles, mesmo adentrarse no complexo universo das drogas.

ultimocantoEl último canto
Pablo Albo. Miguel Ángel Díez
Editorial OQO, 2009.

Onde texto e ilustracións teñen o mesmo peso e eficacia para trasmitir a idea central: que os máis pequen@s entendan que case sempre hai luz ó final dos tuneis aínda que sexan tremendamente escuros.

gondar

Romeiros do alén.
Marcial Gondar. Edicións Xerais.
Vigo 1993

Mulleres de mortos
Marcial Gondar
.

Edicións Xerais.
Vigo 1993

Unha visión desde a Antropoloxía social da morte e o dó na Galicia tradicional, rural e costeira. Ambos títulos se complementan e neles podemos atopar as claves para entender a importancia que as estratexias sociais teñen para que persoas e comunidades sobrevivan positivamente á morte. ao tempo que se patentiza o papel que as mullerers teñen desempeñado neses procesos.
estas obras contribúen significativamente a entender as actuacións en torno á morte superando as perspectivas psicloxicistas e dándonos pé para a creación de novas ritualizacións e redes sociais necesarias nestes tempos de cambio para o tratamento da morte e o morrer.

esquioNon é fácil pequeno esquío
Elisa Ramón
Kalandraka Editora 2003

Un intento moi interesante para abordar con seriedade un tema tan difícil para os moi cativ@s. Non presenta unha imaxe idílica, senón que axuda a aceptar sentimentos de rabia, soidade culpa e a elaborar o proceso necesario para chegar a entender e aceptar unha perda sempre dura, pero especialmente desgarradora a esa idade.






Última modificación: Xoves, 14 de Xullo de 2016, 12:42