Na memoria popular está a frase: estar calado coma un peto. Xa me preguntou un membro da Real Academia Galego que podía significar, se tería que ver co paxaro peto (pájaro carpintero), que precisamente fai moito ruído ao picar nas árbores. Meu tío Manuel (76 anos) non dubidou do sentido: "home, iso é porque cando pasas xunto ao peto das ánimas e botas a esmola ninguén che responde nin dá as grazas. Pero ti sabes que é para a salvación dos teus."
Última modificación: Xoves, 14 de Xullo de 2016, 12:42