Muller de 91 anos, nacida no concello de Covelo, preto da Cañiza:


Por Noite Boa a miña nai facía unha boa cea, comiamos canto queriamos e acostumaba sobrar cousas na mesa, algunha larpeirada, as mazás asadas que se poñían nesas ocasións... e cando nos iamos deitar a miña nai deixaba todo enriba da mesa, sen recoller as comidas dicindo: "deixade isto para as ánimas". Cando nos erguíamos iamos o primeiriño a mesa a dar conta de todo o que quedara o día anterior. Aínda lembro a ilusión deses espertares coas cousas ricas na mesa ... eramos oito irmáns e aínda que nunca pasamos fame había alimentos que non comiamos todos os días ...

Recollido en Pontevedra, xuño de 2009
Última modificación: Xoves, 14 de Xullo de 2016, 12:42