Cuadrícula de expresión corporal

 

Esta cuadrícula é para facilitar o debuxo ou explicación das diferentes expresións corporais, sons, iluminacións en relación cos diálogos. Hai que ter en conta que nunha performance a énfase recae sobre aspectos visuais e de son, mesmo rituais, máis ca sobre os diálogos, aínda que nesta acción concreta son imprescindibles para o obxectivo: visualizar sentimentos e ideas sobre a morte.

 

mPDF

Documento de Word

Creatividade

m 

Isto é o que di Gianni Rodari
na súa Gramática de la Fantasía.
Introducción al arte de inventar historias
.

"Creatividade" é sinónimo de "pensamento diverxente", ou sexa, capaz de romper continuamente os esquemas da experiencia. É creativa unha mente que traballa sempre, sempre disposta a facer preguntas, a descubrir problemas onde os demais atopan respostas satisfactorias, que se atopa ás súas anchas nas situacións fluídas onde outros só cheiran perigo; capaz de xuízos autónomos e independentes (ata do pai, do profesor e da sociedade, que rexeita o codificado, que manexa obxectos e conceptos sen deixarse inhibir polos conformistas. Todas estas calidades maniféstanse no proceso creativo.

Apreciación teatral

 

Cales son os elmentos que determinan o valor dunha obra teatral?

Le aquí

 

m

Concepto
Proposta
Elementos visuais
Espazo sonoro
Interpretación

Método de Stanislavski

m 

STANISLAVSKI pensa que o actor debe buscar nos seus sentimentos e experiencias persoais para crear "fisicamente" ao personaxe.

O seu método foi decisivo no desenvolvemento das artes escénicas no século XX. Investiga nas técnicas apropiadas para que os personaxes resulten realistas. 
 "O Método ofrece ao actor ferramentas baseadas na psicoloxía para construír personaxes apegados á realidade individual e social. Velaquí que os actores poden propor personaxes diferentes en vez de repetirse a si mesmos en cada nova obra."
AQUÍ pódense ver algunha das estratexias
Última modificación: xoves, 14 de xullo de 2016, 12:42 PM