GLOSARIO


Para ir definindo e precisando

Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

Páxina:  1  2  3  4  (Seguinte)
  TODAS

A

Apoptose

 Morte celular programada.U.S. National Library of Medicine

Hai varios tipos de morte celular, a apoptose é unha morte "limpa" xa que non se produce inflamación, os restos da célula que se suicida son aproveitados por outras e os elementos tóxicos da mesma son "empaquetados".

É un proceso moi útil para evitar que a célula siga dividindose cando o seu ADN está danado e deste modo non se pasa o problema á proxenie.

O cancro é o resultado de células que non son quen de suicidarse pondo en perigo a todo o organismo.

Ler máis


B

Bioética

"Las decisiones médicas guiadas en el principio bioético central de la beneficencia deben respetar también otros valores junto con el de la vida. La vida y la libertad, la identidad la integridad, la salud y el bienestar  constituyen valores que apareados constituyen la fundamentación de una bioética apoyada en los derechos humanos. La obligatoriedad ética de no dañar es anterior y más importante que la exigencia de promover el bien (“primun non nocere”) y ha sido reconocido como principio bioético (no maleficencia).Cuando la técnica actualmente disponible y aplicada a la medicina, y en este caso el soporte vital, sustituye como medio a los fines se produce una inversión de las metas de la medicina. Esta medicina de hoy, donde la soberanía de los medios se justificarían a sí mismos nos lleva no sólo a que el fin justificaría  los medios, sino que puede hasta consentir que la aplicación indiscriminada de algún medio justificara cualquier fin. La traducción de este imperativo tecnológico a la medicina (“porque se puede se debe”), es el sustrato de  formas indignas de muerte con sufrimiento, aislamiento y desfiguración ." Dr. Carlos R. Gherardi.

máis información


C

Cacotanasia

Morte moi penosa a causa dunha prolongación da agonía por medio de técnicas médicas. Recibe tamén o nome de distanasia.

Pode ser usado como sinónimo de mala morte.

Unha testemuña sobre a cacotanasia


Célula eucariota

Caracterízase por ter un núcleo rodeado por unha membrana. Son máis grandes e presentan unha maior complexidade que as procariotas. Poden reproducirse de forma asexual ou ben, en organismos complexos como o ser humano, de modo sexual .
Na reprodución sexual, "os descendentes son xeneticamente moi diferentes dos seus proxenitores. As diferenzas xenéticas dos novos individuos débense a que se formaron a partir dunhas células haploides, as reprodutoras sexuais (meiosporas e gametos). Estas orixináronse mediante meiose, proceso no que se produciu unha recombinación ao azar de xenes entre cada cromosoma homólogo, formándose cromosomas diferentes (recombinantes) en cada célula sexual."  Ler máis 


Célula HeLa

Henrietta LacksA diferenza doutras células de humanos que envellecen e morren logo dunhas 50 divisións, as chamadas células HeLa non se morren, nin sequera envellecen cando se lles prové das condicións necesarias para vivir, ata fóra dun corpo humano, válelles un tubo de ensaio. Son potencialmente inmortais.
Como as descubrimos e o seu nome merecen seguir lendo:
A muller da fotografía, Henrietta Lacks, morreu en 1951 dun cancro de útero. O normal é que en poucas horas todas as súas células fosen morrendo, pero unha mostra das súas células tumorales tomada para análise perpetúanse nos laboratorios de todo o mundo e son de especial utilidade para o estudo e curación de moitas enfermidades como a pliomielite.

Parece ser que hai hoxe máis células de Henrietta que as que na súa vida formaban o seu corpo. 

Ler máis sobre a circunstancias de Henrietta e esta investigación


Célula procariota

 300px-Average_prokaryote_cell-_es.svg.png

 

Son células carentes de núcleo, cunha estructura moi simple, o seu ADN  encóntrase no citoplasma  onde non se aprecian orgánulos agás os ribosomas. Teñen bastante resistencia ás condicións externas adversas. As bacterias pertencen a este grupo.
Reprodúcense por bipartición, o individuo xerado ten a mesma dotación cromosómica e idéntico xenoma que a célula proxenitora.

Considérase que son as células que ao longo dun proceso evolutivo de 1500 millóns de anos deron lugar a outras máis complexas, as células eucariotas, que posibilitaron  a multiplicidade de organismos.


Claudicación familiar

http://www.esmas.com/salud/home/noticiashoy/670033.htmlÉ a incapacidade dun, varios ou todos os membros da familia para dar a resposta e coidados axeitados as demandas e necesidades d@ enferm@.

A claudicación dos compoñentes da familia non ten por que coincidir no tempo. Existen diferencias dunhas familias a outras.

Algúns factores que inciden nas crises de claudicación:

O tipo de familia, extensa ou reducida, cando son poucos membros existen poucas posibilidades de relevarse, isto pode verse agravado se existen nen@s pequen@s ou outras persoas dependentes as que atender. Nas familias extensas poden producirse conflitos por discrepancias de criterios ou ideolóxicas sobre a estratexia a seguir coa persoa enferma. A chegada tardía dun familiar afastado espacial ou afectivamente da persoa terminal, que irrompe coas súas críticas, constitúe un desencadeante da crise .

Lugar de residencia e contorno. Por regra xeral, no medio urbano as familias contan con pouco apoio de comunidade veciñal, os domicilios non posúen as características espaciais apropiadas para atender ao enfermo. A máxima complicación dáse cando a familia está desprazada do seu medio como nos casos de emigración, ao que hai que sumar as dificultades por idioma e cultura.

A proceso da enfermidade, especialmente no momento crítico en que se esgotan os tratamentos curativos. Neste sentido sería de máxima importancia que a intervención de  coidados paliativos se producise antes da renuncia ás accións curativas para facilitar á familia e ao paciente esta transición evitando a sensación de desacougo e perda de control total.

A experiencias de perdas anteriores. Cando na familia existe alguén que xa tivo esas ou parecidas vivencias pode servir como guía para a aprendizaxe do resto, en especial das xeracións máis novas que se atopan desbordadas pola situación ao carecer de referentes. A carencia total de modelo a seguir e o descoñecemento do que vai suceder favorece a aparición da claudicación.

Pódese facer unha tipoloxía da claudicación dependendo do momento da aparición, a duración, a área afectada, número de persoas, causa...

máis información


Coidadores / coidadoras

A miúdo ante unha enfermidade grave ou prolongada aparece a figura do coidador/a principal, é dicir, a persoa que máis tempo pasa co enfermo e que xeralmente ten a resposabilidade de tomar certas decisións á requerimento do equipo médico ou do resto da familia.

As persoas que actúan como coidadoras principais teñen que soportar unha enorme sobrecarga tanto psíquica como física polo que cómpre contemplar apoio psicosocial para elas.

Nalgunhas Unidades de Paliativos están a darse conta, se ben queda camiño por percorrer,  de que a atención médica non pode reducirse ao paciente, senón a unidade familiar que vive o proceso, xa que ademais o estado do/a paciente é inseparable do dos seus seres queridos.

Cada familiar necesita ser escoitado en relación a situación que está vivindo e as emocións emparelladas con ela, isto aliviará as tensións familiares asociadas a estas circunstancias.

Segundo estudos realizados en 2008 polo Equipo de Soporte de la Unidad de Cuidados Paliativos de Badajoz o 90% dos coidadores principais son mulleres, xeralmente esposas ou fillas.


D

Distanasia

Véxase cacotanasia.

"O dó non é un estado, senón o proceso de experimentar reaccións psicolóxicas, sociais e físicas ante a percepción dunha perda" Esta é a concepción dinámica que recolle C. Poch: La muerte y el duelo en el contexto educativo.

PSIQUIATR. Pódese recoñecer, con D. Lagache e M. Hanus, un duelo normal, un duelo complicado e un duelo patolóxico.

Se o primeiro resólvese bastante rapidamente, pasando sucesivamente polas fases de angustia, de depresión e de adaptación, grazas aos procesos de desinvestidura, de interiorización e de identificación co obxecto desaparecido, de culpabilidade e logo, de separación final, non sucede o mesmo nos outros dous, que pertencen ao cadro da patoloxía psíquica.


O dó complicado caracterízase por un bloqueo do traballo [ver traballo de dó] que prolonga da fase depresiva, reaccións de tensións (con posibilidade de manifestacións psicosomáticas graves) e pasaxes ao acto suicida particularmente frecuentes.


O dó patolóxico desemboca na enfermidade mental. Os seus síntomas característicos son un atraso na aparición da aflición e logo unha prolongación da súa evolución mais alá dos dous anos e unha ameaza real sobre a saúde psíquica. Pode tratarse dunha verdadeira psicose melancólica ou maniaca (teima de dó con negación da perdida) ou dun dó obsesivo, ou ata dunha histeria de dó. Nesta ultima forma, bastante frecuente, a persoa en dó compórtase coma se o defunto seguise estando vivo. Fálalle, garda o seu sitio na mesa, a súa cama e a súa habitación con todos os seus aveños persoais, nun marco imaxinario de case-realidade, verdadeiro lugar de supervivencia. A identificación co desaparecido tradúcese na reprodución máis ou menos inconsciente dos seus síntomas, con risco de chegar a perturbacións somáticas de conversión ás veces moi graves. A identificación fixouse e fai necesario que o paciente inicie unha psicoterapia para que o seu dó poida ser mobilizado e para que sexa elaborado ata a súa evolución final.
En efecto, as formas complicadas e patolóxicas do dó deben tratarse o mais precozmente posible, primeiro mediante tratamentos específicos para os estados depresivos ou maniacos, logo mediante terapias de inspiración psicoanalítica, que normalmente deben acompañarse de medidas de readaptación social e afectiva. J.P.


Tomado de Diccionario de Psicoloxía. Ediciones del Prado

Saber máis



Páxina:  1  2  3  4  (Seguinte)
  TODAS